“Deixade de experimentar con animais… para iso están os turcos”

TÍTULO: Cabeza de Turco (Granz Unten)
AUTOR:
 Günter Wallraff
LUGAR DE EDICIÓN:
 Köln, Alemaña
ANO DE EDICIÓN:
 1985
EDITORIAL:
Anagrama

O Xornalismo Gonzo é un estilo de reportaxe onde se considera unha abordaxe directa da noticia, chegando incluso ata o punto de influír nela e convertendo ao xornalista nunha parte importante da historia, coma se fose un actor máis.

Esta definición, a pesar de ser extraída da Wikipedia, sérvenos perfectamente para entender o que fixo Günter Wallraff neste libro, introducirse na noticia e ser parte dos feitos como actor.

Günter Wallraff é un xornalista alemán que se transformou nun traballador turco para poder así descubrir o racismo existente na sociedade alemana da primeira parte da década dos 80 cara todo aquel que non fose alemán.

Durante dous anos o xornalista abandonou a súa identidade orixinal e utilizando lentes de contacto escuras, unha perruca, un bigote e un cambio de acento na súa fala logrou facerse pasar por Alí, un inmigrante turco por parte de pai, de nai grega que xa levaba dez anos vivindo no país xermano e que se escudaba en que so vivira de pequeno no país otomano para disimular o seu descoñecemento da linguaxe turca.

Despois de “colarse” en mitins electorais de partidos alemáns, onde demostrou a xenofobia que existe cara os que non pertencen á raza “aria”, tamén comezou buscando traballo como peón en granxas onde ou tiña pouco, ou era relegado para aqueles traballos que ninguén quería.

Pero, tras todo, o seu primeiro posto laboral foi na cadea americana de comida rápida McDonalds. Mala remuneración, peores condicións de traballo e sobre explotación eran as situacións vividas por Wallraff neste posto.

Empeñado en descubrir a dobre moral dalgúns sectores da sociedade alemana, Wallraff adicouse agora a intentar ser bautizado como Ali pola igrexa católica. Tentouno en varios lugares, con pouco éxito, ou recibindo un non por resposta ou varios ou ben escoitando varios peros que remataban nun “iso é imposible”.

Alí comezou a traballar da man de Adler, un explotador de inmigrantes que facía a estes traballar en condicións infrahumanas e en grave risco para a súa saúde, sen ningún tipo de escrúpulo, en varias empresas de renome alemanas, sendo a máis utilizada a coñecida fundición Thyssen.

Por último, xa a final do que nos conta Wallraff no libro, dentro da súa época traballando para Adler, este foi encargado para buscar traballadores e arranxar un grave contratempo surxido nunha central nuclear xermana, que suporía un grave risco para a saúde para todo aquel que o realizase. Por iso, a Adler encargáranlle que para evitar riscos maiores, os traballadores fosen estranxeiros que puidesen ser enviados de volta ao seu país xusto despois do traballo.

Alí, neste momento como chofer de Adler, foi o encargado de tender unha trampa a Adler que salvou aos seus teóricos compatriotas de morrer nun traballo suicida, que aínda que non os matase no momento, a radiación á que se verían sometidos era tan alta que  se verían perxudicados nun futuro.

Günter Wallraff fai deste libro unha gran crónica, onde vai contando a súa investigación durante os dous anos que dura. Sempre que lle é posible, inclúe unha foto da súa aparencia no momento ou noticias de xornais e copias de artigos sobre cousas das que fala no libro.  A parte da súa testemuña directa é tamén incluída unha gran documentación para demostrar o contado.

No medio da crónica tamén se falan dos seus métodos utilizados dentro da investigación, aínda que estes son contados como parte dos feitos.

A historia é contada en todo momento en primeira persoa, e son incluídos todos os diálogos con outras persoas, ou entre outras persoas protagonistas tamén da historia.

Alberto Rivera Rey

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s