Falamos de tiranos

Título: La tiranía de la comunicación
Autor: Ignacio Ramonet
Editorial: Temas de Detabe
Lugar e data: 1999, Madrid

Son moitas as voces que se alzan en contra da manipulación informativa.  Algo que sempre implicou unha dura crítica ó sector xornalístico. Así naceu a censura que hoxe coñecemos na actualidade: a total e a parcial. Despois, incluso poderíamos mencionar unha nova á que denominaremos “encuberta”.

A censura total prohibe abordar determinados temas. É moi difícil de desenmascarar, na maioría dos casos non se chega a detectar porque para iso cumpriría facer unha análise comparativa entre todos os medios o que, evidentemente, non resulta sinxelo.

Tamén se pode falar de censura parcial. Nesta, só son tratados certos aspectos dun tema ós que ás veces se lles engaden datos que non son certos, dando unha versión sesgada da realidade.

A censura encuberta ou subliminal atopámola cando certos temas son tratados cunha ambigüidade da que se poden extraer lecturas secundarias máis… perversas, se así o queremos.

Pois ben, disto precisamente fala Ignacio Ramonet no seu ensaio La tiranía de la comunicación. A crecente sociedade da información xunto ós avances tecnolóxicos constantes fixeron que a actualidade, a materia prima da que se nutre o xornalista, pasase a ser considerada unha mercadoría.

Os medios teñen un papel decisivo á hora de articular unha ideoloxía no individuo. Pero este poder que se lle concedeu dende antes de que tivésemos memoria, leva aparellado consecuentemente unha redución intencionada no tipo de mensaxes recibidas. Nacen os novos “imperios mediáticos”. Os grandes magnates da prensa deixan de ser xornalistas para converterse en homes de negocios. Onde se agocharon os chamados xornais “independentes”? Trece dos cincuenta homes máis influentes do planeta pertencen ó mundo dos medios de comunicación, e a cifra vai en aumento.

A televisión é fundamentalmente o medio onde estas estratexias informativas se despregan, na medida en que constitúe a única fonte de información de boa parte da poboación do planeta. Aquí xoga un importantísimo papel o que Ramonet denomina “a información do pobre”, cando o autor especifica que “as capas sociais máis modestas apenas consomen outros medios de comunicación e case nunca len xornais; por iso non poden cuestionar, chegado o momento, a versión dos feitos proposta pola televisión”. Ademais, a recorrente repetición de mensaxes ábrese camiño para instalarnos no xogo do pensamento único.

Este libro lévanos a reflexionar sobre a veracidade do que o mundo da comunicación vende como obxectividade. Realidade que poucas veces escapa dos lazos da manipulación, dos intereses. Uns intereses que cegan e que moitas veces, sen que nos deamos de conta, conseguen que rematemos actuando, á fin e ó cabo, coma uns tiranos.

 http://www.youtube.com/watch?v=zuXjqq_sIG0&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=oI0Zx1hCupc

Emma Fernández Fernández

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s