Autor: Edgar Allan Poe
Título: Narración de Arthur Gordon Pym
Lugar de Edición: Madrid
Ano de Edición: 1971
Editorial: Alianza Editorial

No prólogo desta obra, Julio Cortázar xa nos anuncia que estamos diante dunha novela polémica e controvertida; xulgada por moitos como o peor traballo de Poe, ben sexa polo que algúns indentificaron como a falta de principios propios do autor no desenvolvemento do libro, ben polo seu fin inconcluso.

Nembargantes, este relato do escritor neoyorkino esperta un gran interese por ser a súa única novela e por contar con tintes autobiográficos patentes na personalidade de Pym, o noso protagonista.

Coma xa se indicou no parágrafo anterior Narración de Arthur Gordon Pym foi a única novela de Edgar Allan Poe, publicada en 1838, suponse que polo gusto dos lectores da época polas historias de aventuras o que lle proporcionaría ó escritor uns ingresos económicos que lle permitisen continuar escribindo.

Esta novela de aventuras resulta ser unha Odisea de Arthur Gordon Pym, que se embarca no Grampus. A historia comeza con unha serie de feitos que porán a vida do protagonista en perigo, tales como motíns, encontros desafortunados con nativos, naufraxios… que o autor dota de realismo ó proporcionar ó lector referencias documentais de lugares ou mesmo na descripción dos personaxes. Poe salpica a obra con patoloxías propias do ser humano, grazas o seu maxistral empleo do terror psicolóxico como a claustrofobia, o delirio ou o canibalismo. A viaxe polos Mares do Sur remata cunha especial revelación de Pym pero non é concluínte xa que o libro está inacabado.

O artista arxentino Luis Scafati presentou en enero de 2010 unha serie de debuxos con tintes oníricos nos que podemos observar a súa particular imaxe dos personaxes desta historia, tal e como fixo con Drácula de Bram Stoker ou a Metamorfosis de Kafka.

Ainhoa Alzola

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s