A ironía en persoa

Título: Antiimperialismo, patriotas y traidores
Autor: Mark Twain
Editorial: PC Público
Lugar e data (edición): Madrid (2010)

Este libro de Samuel Langhorne Clemens, máis coñecido como Mark Twain, recolle unha serie de artigos e cartas escritas polo autor norteamericano nas últimas dúas décadas da súa vida. Entre o ano 1890 e 1905, Twain realizou unha extensa cantidade de conferencias nas cales proclamaba o abuso que exercían os Estados Unidos e mailas potencias europeas sobre as súas colonias.

Os textos recollidos na obra divídense en seis capítulos, cada un deles céntrase nun país distinto. Rusia, Hawai, Sudáfrica, Australia, China e o Congo serán motivo de estudio por parte de Twain.

Mediante o uso dunha refinada ironía, o escritor de Misouri denuncia as accións que son levadas a cabo polos Estados Unidos en Cuba, as Filipinas e Hawai. Aínda que declara nun principio estar de acordo coa guerra de Cuba, pouco a pouco a súa visión vai trocando segundo contempla os obxectivos reais do seu país. Este cambio levarao a tomar unha postura totalmente antiimperialista con motivo da guerra das Filipinas. No episodio recóllese unha agria sátira en contra das actividades do exército americano en territorio filipino, sendo ó xeneral Funston o centro da súa diatriba. Mediante este texto Twain intenta concienciar á sociedade americana sobre o drástico cambio que tomou o patriotismo nacional dende os tempos de Washintong ata os días deste xeneral. O escritor expón en varios xornais americanos o mancillamento da bandeira que están a facer os seus compatriotas no conflicto e propón cambialo lema existente por un novo:

Eliminaría ese lema ‘ Mi país, con razón o sin ella” por‘Mi país, cuando tiene razón”.

Ademais destes dous conflictos, Mark Twain tamén lle adicará tempo e tinta ás accións perpetradas polo seu país nas illas Sandwich (Hawai). Mediante varias conferencias, o escritor difundirá o impresionante efecto devastador que están a causar os misioneros americanos sobre a poboación nativa. A derradeira crítica a súa nación, centrarase sobre China e a ocupación internacional sobre o país asiático. Asemesmo, Twain explicará neste capítulo as diferencias de trato que se producen nos Estados Unidos cando unha persoa estranxeira comete un delito, mentres que os ”blancos” (españois, irlandeses, portugueses, chilenos) tan só son expulsados do seu traballo pola infracción, os chinos son sentenciados á soga na meirande parte dos casos. Todos este feitos reforzan os ideais antiimperialistas do escritor:

“Soy antiimperialista. Me opongo a que el águila clave sus garras en cualquier otra tierra”

Aínda que os textos se centran nas actuacións norteamericanas, o libro alberga tamén varios episodios adicados a outras potencias europeas. O Imperio Británico será posto no punto de mira debido ás atrocidades cometidas polos ingleses en territorio sudafricano. A intención británica de chegar as minas de ouro do Transvaal dará lugar a unha importante cantidade de batallas entre os boers nativos e o exército inglés. Estes conflictos serán motivo de mofa por parte de Twain dado a cantidade de baixas que tivo o exercito anglosaxón, a pesar de contar con un equipamento bélico moito máis moderno, para acadar o seu obxectivo.

Outros países analizados son Rusia e mailo Congo. Ambolos dous, viven debaixo dos réximes totalitarios do Zar Alejandro e do rey Leopoldo de Bélxica respectivamente. Estes capítulos con introducidos por soliloquios, en eles Twain escribe en primeira persoa e expón os pensamentos destes governantes con un humor negro que trata de evidenciar o inapreciable respeto que lle teñen as súas poboacións.

En resumo, o libro recolle unha serie de textos irónicos e críticos sobre os comportamenos dos países máis desenrrolados do mundo resaltando o continuo abuso que exercen estes sobre os máis desfavorecidos. Dun xeito sútil, Twain describe como a educación e maila relixión son empregados como pretextos polas nacións poderosas para actuar sobre os territorios coloniais cando realmente a súa finalidade é lucrativa.

Persoalmente considero que todos estes textos poderían ser trasladados á actualidade dado que a situación non mudou excesivamente a pesar de contar con máis de cen anos de antiguedade.

Angel Castro Silva

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s