“Dentro dunha gota hai un universo enteiro”

Título: Os cínicos non sirven para este oficio
Autor: Ryszard Kapuscinski
Editorial: Anagrama
Edición: 6ª

A verdadeira realidade debúxanos un mundo onde goberna a frivolidade e a indiferenza, onde o egoísmo e a individualidade forman parte dun sistema no que millóns de persoas afogan cada día na máis absoluta miseria. Un mundo onde os medios de comunicación axeónllanse fronte ao espectáculo do diñeiro polo diñeiro e onde unha manipulación discreta, para quen non a quere ver, asolaga cada páxina dos xornais.  Neste contexto a actividade xornalística vese sometida a estes intereses económicos que transforman o verdadeiro exercicio xornalístico nun teatro de monicreques, onde o espectáculo se converte na historia real. Así, o xornalista,  instigado por unhas “forzas superiores”, move os fíos dos títeres e crea unha realidade paralela e ideal. Trátase de deformar e falsificar a verdade, co obxectivo de conseguir réditos económicos. En palabras de Kapuscinsky:

“O que conta na información é o espectáculo. E unha vez que creamos a información-espectáculo, podemos vender esta información en calquera parte. Canto máis espectacular é a información, máis diñeiro podemos gañar con ela.”

O xornalista polaco Ryszard Kapuscinski, viviu nunha época de grandes cambios políticos e sociais, onde a revolución tecnolóxica invadiu con forza o ámbito da información establecendo un antes e un despois no panorama comunicativo.  Neste novo paradigma xurdiu o negocio da información e así a verdade deixou de se calidade principal do xornalismo convencional.

Kapuscinski coñecía as regras do verdadeiro xornalismo e as responsabilidades que esixía a profesión. Consideraba que todo reporteiro, para contar o que estaba a suceder, necesitaba observar de forma participativa para chegar a coñecer con exactitude todas as reviravoltas do acontecemento e poder así comunicar unha información rigorosa e de calidade. Para Kapuscinski o traballo como xornalista esixe ter certas calidades. Esta profesión require moita dedicación, polo que un verdadeiro xornalista ten que estar disposto a sacrificar o seu tempo e mesmo a súa vida. Ademais o mundo contemporáneo vive nun cambio constante, nun dinámico vaivén. A misión do xornalista é investigar e describir este mundo, por iso o xornalista ten que afondar nos seus coñecementos, ten que actualizarse e estudar continuamente. Estar pendente do presente e en condicións de previr o futuro.

O xornalismo que defende Kapuscinski é un xornalismo intencional que se centra nun obxectivo. É un xornalismo que persegue un cambio e que está determinado  por unha ética moi forte, así como pola necesidade de vivir a experiencia directa. Así os periodistas traballan coas persoas e intentan comprender as súas historias. Exploran e investigan conformando así, a súa experiencia persoal, fundamental para o seu traballo xa que os feitos vividos na propia pel liberan emocións que non se experimentan só coa observación. Con todo, á hora de contar a historia, o xornalista ten que desaparecer, ten que esquecer a súa existencia:

“Existimos só como individuos que existen para os demais, que comparten con eles os seus problemas e intentan resolvelos ou polo menos describilos.”

Por iso non hai periodismo á marxe das relacións con outros seres humanos. Toda reportaxe é un traballo colectivo, froito da cooperación. Non se debe ser arrogante, nin fuxir da realidade. Debemos ser humildes, modestos e transparentes. Por iso “os cínicos non serven para este oficio” pois afástanse da verdadeira finalidade social do xornalismo.

 Antía Geada Ares

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s