“Galicia sendo Galicia, non intentando ser outra cousa”

Título: Unha espía no Reino de Galicia
Autor: Manuel O’Rivas
Ano de edición: 2004
Lugar de edición: Vigo
Editorial: Edicións Xerais de Galicia

“En Galicia vivimos 2,8 millóns de humanos, un millón de vacas, cincocentos lobos e un oso ilocalizabel”.

Describir Galicia e todas as súas peculiaridades non é sinxelo, e menos se somos unha espía extraterrestre.

“Galicia é a miña terra. Mais Galicia está e non está en Galicia. É un lugar, tamén un deslugar ou un non lugar. Galicia é pequna. Boh, depende. É grande dabonda”. Manuel Rivas presenta unha escolma de textos escritos entre 1990-1992 pero tamén outros máis actuais publicados en “A nosa Terra” entre 2003 e 2004.

O vagalume coma unha estrela na memoria, a morriña galega no Collins inglés, o paraugas coma antena paranoica, a chuvia coma metáfora. Manuel Rivas recolle na súa “Espía no Reino de Galicia” o sentimento universal do galego, do galego fetén. Coa lembranza aos heroes da memoria sentimental como Foucellas, Ramón Sampedro, Urbano Lugrís Freire ou Daniel Castelao vai tecendo os fíos da realidade galega de principios dos 2000 para facer un retrato do pasado, do presente e do futuro da sociedade galega.

Rivas considera que as viñetas de Castelao un entrelampo entre a ironía e a verdade que emite luz entre o nubeiros. Mais a escrita de Manuel Rivas nunha “Espía no Reino de Galicia” tamén é unha luz entre a brétema. A brétema do autodio motivado por considerarnos menos que os demais, de ver ao galego coma unha pailán, galego no sentido pexorativo da palabra.

“Galicia é malísima, aborrecible. A interiorización desde mal de ollo ten efectos nefastos porque converten en coitaditos aos que deben ser impetuosos”.

As descripcións da Espía sobre Galicia móstranos o  que somos e fainos reflexionar sobre todo aquilo que o descoido e a indeferenza pode facernos perder. “Unha Espía no Reino de Galicia” presenta o portal de Vieiros.com coma un bo xeito de aterrar no Planeta e a Sala Nasa coma a factoría artística máis atrevida. O texto, escrito no 2004, móstranos non só o que somos senón tamén no que nos estamos a converter ante a incapacidade moitas veces de protexer e cultivar o noso.

Ler a Manuel Rivas é unha caga electrificante de orgullo e emoción polo noso. De ganas de coidalo e de dicirlles aos imbéciles escuros que non imos ir ningures.

A espía leva impresa ese estilo inconfundible de Manuel Rivas, os seus artigos convertidos en pequenas historias elaboradas cos fíos da realidade e humor. Pequenas doses de orgullo galego cheas de emocións preparadas para inxerir en tan só cinco minutos. Entre clase e clase, na parada do bus ou esperando nun café.

María Bragado Paz

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s