O “monstruo” Griffin na prensa

Autor: H.G.Wells
Título: O Home Invisible
Título orixinal: The invisible man
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Ano de impresión: 1991
Colección: Grandes do Noso Tempo
Lugar de edición: Dr. Marañón, 12.36211 Vigo

“O descoñecido chegou a pé dende a aestación do tren de Bramblehurt un día glacial de febreiro. Sopraba un vento cortante e caía unha forte nevada, a derradeira do ano. Ía embozado da cabeza ós pés e levaba un pequeno maletín negro nas mans encluvadas.”

Así comeza a novela de H.G.Wells. Por el camiña un científico obsesionado coa fórmula da invisibilidade, ata punto de chegala a aplicar sobre si mesmo. A trama desénvolvese nunha pequena vila, Iping. O “forasteiro” como se lle coñecerá ao amante das ciencias, dará moito que falar pola súa aparienza, os seus xestos desacougados e desganados e o illamento que o rodea. Griffin, así é o seu nome de pila, rematará por levar á tranquila aldea ao caos e ao terror.

As letras deste relato reméxense ata culminar nunha verdadeira obra de ciencia-ficción. Xénero no que Wells xunto a Julio Verne gozan dunha grande fama e calidade literaria.  No relato ábrese un debate ético sobre os límites dos avances científicos, ata que punto son aplicables. Aínda que este sería un punto interesente a tratar, centraremos nesta pequena análise do papel que xoga o xornalismo na obra. Para iso empregaremos imaxes para introducilo tema e facelo máis ameno, para logo comentalo máis polo miúdo.

Griffin deu lugar a moitos comentarios:

En primeiro lugar, a señora Mrs. Hall , dona da pousada The Coach and Horses na que se aloxaba, critou as súas maneiras e a súa falta de disposición para a conversa.

Tanto ela como o resto dos veciños falaban do científico e a cantidade de botellas de cristal coas que chegara.

Este ambiente de faladorías deu lugar a unha imaxe dun home agresivo, estresado e extramadamente misterioso.

A esta percepción non axudaron os xornais.Tras varios  roubos na cidade, os xornais comezaron a apuntar ao “forasteiro” como posible culpable, case chegándoo a condenar. O xornal de Iping tomaba como fontes nas que basaba as súas noticias, as propias impresións dos veciños e algún que outro encontro co home totalmente tapado.

Esta situación non mellorou cando o propio Griffin o fixo público a súa invisivilidade, anunciando unha “era de terror”.A imaxe do “home invisible” pasou de ser pura especulación chisme,envolta nunha aurea de misterio, a convertirse nun personaxe perigoso e terrorífico.

A través deste breve repaso a través de imaxes podemos observar como a figura de Griffin se vai deturpando pouco a pouco. Na novela aparece algunha que outra referencia a algunha noticia sobre aquel científico obsesionado. Podemos ler sobre elementos xornalísticos con tendencia ao sensacionalismo, exaserando as particularidades do protagonista da obra.  Aquí vemos como nun primeiro momento, a través dos contos dos veciños se vai creando unha imaxe do “investigador”, como tamén lle decían, de enigma pasando pola escepticidade ata chegar á desconfianza e ao medo. Os “dixomedixome”  van volvéndose cada vez máis importantes ata chegar a ocupar as páxinas do diario da vila. Vemos como no xornal non se contrastan fontes, tendo en conta que en ningún momento se chegan a poñer en contacto co implicado. Ademais a través de reportaxes, crónicas e novas varias someten a Iping nun desacougo emocional insoportable, facendo que a través destes “supostos” xéneros informativos, mais que informar aos lectores se lles inxecte un mal coñecemento dos feitos ( os roubos, a súa fuxida da pousada do Mr. e da Mrs. Hall practicamente espido…), achegando máis e máis ao pobo da pequena vila a esa “era do terror” que anunciara o “home invisible”.

En definitiva, o papel do xornalismo na obra deixa bastante que desexar. A falta de contraste e de ética, acusando nun primeiro momento sen probas e logo propango medo e desinformación, convítino en cómplice do nerviosismo e o pánico.

Mª Cristina Mosteiro Reboredo

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s