Unha guerra non termina nunca, a guerra non se gaña coa victoria

Título: Adiós a las armas
Autor: Ernest Hemingway
Lugar de edición: Barcelona
Ano de edición: 1999
Editorial: Bruguera

O premio Nobel, Hernest Hemingway, preséntanos nesta novela unha historia de amor nunha oda antibelicista do autor. Os feitos transcorren durante a I Guerra Mundial en Italia; onde Frederick Henry, o actor principal, é enviado ó frente e resulta ferido, polo que ingresa no hospital. Alí coñecerá a Catherine, unha enfermeira que aparecerá ó longo da obra e coa que Fred manterá unha relación ata o sorprendente final do libro, que mestura sucesos de guerra cun intenso romance.

É unha obra ineludible para todos aqueles que teñan interese pola obra deste Pulitzer, xa que nela plásmase a liña pesimista do autor, fácilmente perceptible tanto no nó da historia cando nos presenta as diferentes situacións ás que o protagonista se enfrenta durante o conflito coma no tráxico final.

Nesta novela o escritor non narra en primeira persoa o horror da guerra, pero si fai partícipe o lector de todos os problemas e atrocidades que esta conleva, facendo así un exercicio de negación absoluto.

No ano 1932, o director Frank Borzage adaptou esta obra ó cine contando con actores como Gary Cooper, Helen Hayes e Adolphe Menjou. Este título foi nominado a catro premios Óscar e é un clásico do cine altamente recomentable.

 Ainhoa Alzola

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s