A cara B dos medios

Título: Libro negro del periodismo en España
Autor
: Bernardo Díaz Nosty
Prólogo
: Fernando González Urbaneja
Ilustracións
: El Roto
Ano de edición
: 2011
Lugar de edición
: Madrid
Editorial:
Asociación de la prensa de Madrid e UNESCO

 Libro negro del periodismo en España é un retrato da situación acutal do xornalismo de España no que se poñen de manifesto os problemas e a crisis que sufre a profesión e o sector da comunicación.

 Tras ler calmadamente a obra do profesor Díaz Nosty, surxe un estado de desánimo. Entre todos os datos que pon enriba da mesa os meus ollos van a parar ao 20%. So dous de cada dez licenciados en Xornalismo exerce o seu traballo neste sector. ¿Por qué?. A portada desta obra pódenos levar a algunha resposta, nela aparecen Alonso Trenado e Belén Chiloeches, dous xornalistas que traballaban para a desaparecida CNN+, que foi sustituida por unha canle de tele-realidade e series americanas.

¿Débese este peche so a decisións económicas das empresas de comunicación? Nun primeiro aspecto sí, foron os propietarios da canle (producida pola Compañía Independente de Noticias de Televisión, empresa participada a partes iguais por Prisa TV e pola estadounidense Turner Broadcasting) quenes suprimiron a información do medio pero aquí cabe preguntarse outra vez o porqué. Os datos do 2010 reflexan unha media anual de share de 0,6%, ¿de verdade lle interesa á poboación informarse?

As audiencias reflexan o contrario. ¿cal é a causa? ¿O baixo nivel dos medios do país, mediatizados polos partidos políticos e  dominados pola publicidade? ¿Ou quizás esa é a consecuencia da falla de audiencia?. Fora antes a galiña ou o ovo, é innegable que tanto na televisión, na radio, na prensa, en todolos medios informativos existe unha crise, non so unha crise de emprego (falla do mesmo ou mala calidade de traballo), tamén unha crise de contidos.

A causa, como explica Nosty, é a falla de independencia, un maior interese dos medios pola velocidade que pola veracidade. Unha loita tamén económica na que son os anunciantes e os partidos politicos quenes se serven dos medios para facer propaganda deixando a un lado a información independente, preparando eles mesmos a suas propias noticias que son emitidas como propias dos medios de comunicación, que pola falla de tempo ou de persoal, (e tamén pola presión económica) emiten como veraces, sen contrastar. A poboación lee, ve ou escoita pero as informacións que reciben non son independentes, non están creadas por xornalistas que se implican na sua noticia, senón que estes dependen dos xefes dos medios que, a súa vez,son marionetas dos poderes políticos e económicos.

¿Cal é a solución? ¿cómo  se crea un modelo que realmente sexa útil á sociedade e non aos colectivos políticos e económicos, moitos deles alleos ao propio país (véxase o caso dos intereses de Berlusconi en España)? Como di Carmen del Riego (actual directora da Asociación de Prensa de Madrid), según cita Díaz Nosty, a clave é voltar ao xornalismo. Un xornalismo que se preocupe polos intereses da cidadanía.

Pero non debemos ser catastrofistas. Lonxe das grandes pantallas e dos medios tradicionais existen alternativas dun xornalismo real, alexado dos medios de poder e das presións económicas. Portais como http://www.periodismohumano.com son unha mostra de que o xornalismo de verdade existe. Tamén, aínda que non son verdadero xornalismo, a participación cidadá a través das redes sociais é un punto de partida para a transmisión de información que, como explica Nosty, non debe substituir o traballo dos profesionais pero, ante a complexa e turbia situación dos medios son un referente para a cidadanía que se interesa por achegarse á verdade, ou, polo menos, a un coñecemento máis profundo do que ocurre ao noso arredor.

Agora, é labor dos xornalistas, ou dos que intentamos selo, ser capaces de exercer unha presión suficiente contra os medios “desinformadores” para levar a cabo a auténtica misión do xornalista e ser un servizo á sociedade. Non é un proceso fácil xa que as presións políticas e económicas dominan o funcionamento dos medios e, en moitos casos, do conxunto da sociedade; pero con proxectos como o manifesto de xornalistas indignados promovido dentro do movemento 15M, Tamén é unha opción negarse a cubrir as roldas dos políticos que non acepten preguntas, un proceso que, como pon de manifesto Nosty, nos últimos meses medrou na rede social Twitter  #sinpreguntas nocobertura, ou organizar folgas como as convocadas contra os recortes de plantilla que minan a calidade dos medios, levadas a cabo por traballadores do ABC ou da Axencia EFE, podése iniciar un proceso que conleve, canto menos, ao establecemento do marco político normativo que, como dí o Catedrático Bernardo Díaz Nosty, de amparo á prevalencia dos intereses xerais.

Na obra do profesor Díaz Nosty recóllense estes e outros moitos datos sobre a situación da profesión xornalística do noso país. Os datos son obxetivos pero as conclusións que obtemos deles e as medidas que, como posibles profesionais do sector, debemos tomar nas nosas carreiras son persoais e subxetivas, aínda que para tomalas, si debemos contar coa información suficiente, tanto do “libro branco” como do Libro negro do Xornalismo.

María José Fontal Mato

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s