Enigmas sen resolver

Autor: Bruno Cardeñosa

Título: 100 Enigmas del Mundo

Lugar de edición: Barcelona

Ano de edición: 2010

Editorial: Libros Cúpula


 

Neste libro o autor ourensán Bruno Cardeñosa compila algúns dos enigmas que se trataron no programa de Onda Cero La Rosa de los Vientos . Os xerogíficos sucédense ó longo de nove partes dotadas dunha linguaxe sinxela e directa que facilitan a súa lectura sen abusar dos matices irreais ou fantásticos, o que fai que o lector sexa partícipe das súas historias aínda que sexa durante un intre.

É unha obra recomendable para todos aqueles que sentan predilección polas numerosas incógnitas que enchen a Historia, coma outros dos seus títulos, pero tamén é un libro ideal para desconectar e achegarnos ata feitos que quizáis descoñeciamos.

Dende principios da Humanidade o home sentiu curiosidade por diferentes misterios, xa sexan de carácter natural, científico, histórico ou político. A búsqueda de respostas para as infinitas cuestións é unha constante ó longo da nosa historia e por desgraza para nós, en poucas ocasións acadamos unha contestación sólida ou simplemente fiable.

100 enigmas del mundo proporciona ó lector unha visión xeral de diferentes enigmas para irse diversificando páxina a páxina, tratando temas tan variados coma os xeroglifos do Sáhara, a construcción de pirámides, os maias, misterios da evolución, etc.

Como explicaba no primeiro parágrafo, a obra divídese en nove partes. En primeiro lugar achéganos ata aqueles obxectos que segundo Cardeñosa están “fóra do seu tempo” como a existencia en Texas de pegadas de dinosaurios superpostas ás de humanos ou a aparición de instrumentos tecnolóxicos realizados con medios actuais pero que supostamente datarían de tempos da Antigüedade, entre outros.

As “Incógnitas da Evolución” trátanse na segunda parte, relativa ó descubrimento de homínidos en determinados lugares ou á análise de pinturas rupestres. Na terceira sección, unha das máis interesantes do libro, fálanos das “Civilizaciones Perdidas” plantexándonos que quizais a orixe das mesmas é anterior ó que nos fixeron crer. Esta última parte será complementada coas dúas seguintes: “Monumentos Imposibles” e “Astronomía y tecnología en el pasado”.

Os temas bíblicos tamén teñen cabida nesta obra (parte VI), dende os enigmas xa coñecidos como a Sábana Santa ou os milagres de Lourdes ata a existencia dunha serie de manuscritos relacionados cos evanxelios moi reveladores.

A séptima sección está adicada a aqueles personaxes que fixeron historia e ó chegar ás dúas últimas partes, quizais as máis sorprendentes, presentánsenos misterios archiconocidos pero non por eso menos chamativos coma o Triángulo das Bermudas, a Maldición de Tutankhamon, as “señais” deixadas por supostos extraterrestres en campos de cereais e a existencia de seres coma o Monstruo do Lago Ness.

O lector terá que despoxarse de prexuízos e ideas preconcebidas para empaparse deste libro. Se o desexades, antes ou despois de ler o libro, invítovos a visitar este enlace, no que poderedes escoitar os misterios que o autor tratou no programa La Rosa de los Vientos: http://www.todorosavientos.com.es/enigmasdelmundo.htm

Ainhoa Alzola

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s