Mª José Carrascosa: unha nai ata as últimas

Autor: Monforte, Reyes

Título: Amor cruel

Lugar de edición: Madrid

Ano de edición: 2008

Editorial: Booket (testimonio)

Reyes Monforte é una xornalista e escritora española que acadou una gran fama sobre todo polo seu primeiro libro Un burka por amor a raíz do cal seguiu publicando despois La rosa escondida e Amor cruel, todos eles cunha importante labor de investigación detrás e baseados en casos reais.

Esa áurea de realidade vese en Amor cruel, onde se trata o caso do cautiverio dunha avogada valenciana, María José Carrascosa, por enfrontarse á xustiza estadounidense ao tentar recuperar a custodia da súa filla. O libro está construído sobre unha base de investigación moi importante, polo que se produce unha clara ensamblaxe entre xornalismo e literatura.

Así, Reyes Monforte somerxe ao lector dende as primeiras páxinas na apaixonante historia de Mª José Carrascosa , desde os seus comezos en EEUU ata o seu namoramento do home que cambiou radicalmente a súa vida. O libro está construído como unha especie de novela para atrapar ao lector desde as primeiras páxinas. Parece un conto de fadas convertido en terror.

 

A historia comeza nos EEUU cando  Mª José sente unhas inmensas ganas de atopar parella e decide entrar nun chat de parellas, onde coñece a Peter Innes, o home polo que viría todo o seu sufrimento posterior. Ela vaise decatando que vive nunha mentira porque despois de casarse, descobre que o seu home non é quen di ser e a partir de aí comeza a sufrir malos tratos por parte del. E todo empeora cando teñen á súa filla: Mª José quere separarse del e este comeza a incumprir os pactos con ela para ver á súa filla. A partir de aí comeza o verdadeiro “amor cruel” de Mª José por loitar pola custodia da súa filla, aínda que iso implique enfrontarse co país máis poderoso do mundo: EEUU. E acaba loitando desde o cárcere de Nueva Jersey, onde sofre a soidade e a indiferenza por parte das outra reclusas.

Mª José foi acusada de nove delitos, oito relacionados coa interferencia na custodia da súa filla e un por desacato da orde xudicial que a obrigaba a entregar á súa filla ao seu ex marido, Peter Innes. Por isto foi condenada a 14 anos de prisión e cambiou de avogado cada moi pouco tempo debido ás imposibilidades e dificultades de levar adiante o seu caso. Ao mesmo tempo,o libro ten un importante contido humano xa que relata o sufrimento da súa familia desde España e as dificultades desta para facer fronte aos gastos de avogacía e do tumor que afecta a Mª José. Ademais, a familia vive ameazada  xa que ao ter a nena vivindo con eles non paran de lanzarlle misivas de secuestro.

Para apoiar a Mº José creouse a páxina  solidariedade con Mª José, onde se recolle todo o proceso xudicial, imaxes e mostras de apoio á valenciana, ademais dunha sección de firmas para a súa liberación.

As tácticas empregadas pola autora do libro son as propias do relato: conseguir unha estrutura de menos a máis importancia. Así nos primeiros capítulos, prepárasenos para o que vai acontecer logo con frases como : “ Mª José no sabía lo que le esperaba…”. Pero está claro que o libro sería unha mestura de novela e crónica, xa que existen referencias constantes ao tempo.

O libro remata en 2008 cun final aberto, cuxa continuación atoparemos nos seguintes anos e incluso no actual 2011:

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/01/13/valencia/1294914164.html

http://www.lasprovincias.es/v/20111008/comunitat/bienestar-social-visto-bueno-20111008.html

Como reflexión final direi que este libro me  transmitiu unha sensación de grande humanidade e apoio con Mª José. A  autora do libro caracterízase polo seu interese en historias tristes e de loita humana, algo presente en tódolos seus libros. No caso d’ Un burka por amor, relata a historia dunha española que se casa cun marroquí e as dificultades e penurias que pasa cando vai a Marrocos e coñece os costumes do lugar; no caso de La rosa escondida relata as vivencias de dúas irmás que se separan tras a Guerra de Bosnia. Claramente esta escritora ten un estilo xa definido, que a introduce dentro da literatura de preocupación social.

Hortensia Gesteira Estévez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s