Periodismo de guerra

Título: Periodismo de guerra
Autor: Alejandro Pizarroso, Marta González e Pablo Sapag Muñoz
Editorial: Editorial Síntesis
Ano de edición: 2007
Lugar de edición: Madrid

Alejandro Pizarroso Quintero, Marta González San Ruperto e Pablo Sapag Muñoz de la Peña abarcaron, dende unha perspectiva histórica, a complexa relación que existe entre a comunicación social e os conflitos armados. Unha conexion que establecen distintos autores que presenta necesidades difrenciadas e incluso enfrontadas, dende institucions de defensa, os medios de comuniacion e outras organizacions. Disto versa esta obra sobre o xornalismo de guerra.

Este libro divídese en nove capítulos nos que atopamos a explicación dos medios que se utilizan para cubrir informativamente un conflito e que medidas de seguridade toman os correspondentes. Por outra banda, tamén nos mostra a idea de que militares e xornalistas teñen unha relación moi estreita na que os primeiros analizan a súa labor e a dos xornalistas, buscando maneiras de perfeccionar o control da información ata incluso exercer a censura.

Un xornalista de guerra, cando realiza o seu traballo, estase expoñendo a moitos riscos. Por esta razón, un correspondente de guerra necesita unha formación maior ca de calquera dos seus compañeiros, posto que necesita aprender a ser prudente e adquirir técnicas que manteñan o seu valor informativo, pero sobre todo a súa seguridade.

Esta estreita relación entre militares e xornalistas deriva na necesidade de que o xornalista coñeza á perfección como funcionan os exércitos e a maneira de censura para saber como poder obter máis información sobre eles. Contrariamente, o militar tamén debe coñecer o funcionamento dos medios de comunicación e, sobre todo, os xornalistas, para evitar que estes consigan información que a el non lle interese.

Entre ambas partes hai unha concepción un tanto desconfiada do outro. O exército cre que o xornalista terxiversa a información ao seu antollo e o xornalista cre que o exército, internamente, se ve superior ao resto de poboación. Sen embargo, uns necesitan da existencia dos outros para poder realizar o seu traballo.

Ao longo desta obra, os autores explícannos a necesidade de entender as guerras atendendo aos seus aspectos comunicativos. En moitas ocasións o xornalista chega a involucrarse no conflito posicionándose moitas veces a favor dalgún dos bandos, sobre todo se o seu país participa, tirando de patriotismo. Este feito provoca que a neutralidade que ten que ter a información desapareza.

Por último, un xornalista debe coñecer un pouco de tódolos ámbitos , pero neste caso, no dos correspondentes de guerra, ter coñecementos sobre temas diversos é fundamental. Saber de xeografía, historia, exército e supervivencia, entre outros, resultan imprescindibles para cubrir correctamente un conflito bélico.

Este libro fai un repaso polos medios utilizados para a información de guerra e comprobamos con exemplos históricos a importancia que tiveron, teñen e terán os medios de comunicación. Tódolos medios (radio, prensa, televisión, Internet) foron utilizados tanto polos aparatos de censura dos bandos enfrontados en conflitos como polos xornalistas.

Cada un destes medios marcou unha guerra e unha época.

Alba Domínguez Piñeiro

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s