“Kwei-lan, hija mía, así fuiste destinada, y con ese fin te hemos educado”

TÍTULO: Viento del Este, viento del Oeste

AUTOR: Peral S. Buck

LUGAR E ANO DE EDICIÓN: Barcelona, 2003

EDITORIAL: DEBOLSILLO

Viento del este viento del oeste narra en primeira persoa a historia de Kwei-lan, unha rapaza chinesa criada nunha familia conservadora na China do século XX. Kwei-lan foi comprometida, antes de nacer, cun home doutra familia prestixiosa. Afortunadamente resulta ser un home aberto de miras que acabará cambiando a mentalidade machista na que foi educada Kwei-lan.

Aínda que nun primeiro momento poida parecer que o libro está enfocado na descrición da vida de Kwei-lan no seo dun matrimonio concertado, acaba centrándose no seu irmán (un rapaz rebelde que decidiu salta-los costumes da China retrógrada e casar cunha estranxeira).

Na miña opinión, este libro non pretende contar “unha historia” como tal, nin pretende ser unha simple narración de entretemento. Este libro fai ver como a China do S.XX non avanzou socialmente como debería facelo, é dicir, como China aínda estando no ano 2011, vive no S.XX.

Outro aspecto que me resultou curioso é a forma de descrición empregada pola autora, Pearl S. Buck. Por exemplo: ata a metade do libro non aparece a palabra “China” como tal, senón que vai aportando, de xeito progresivo, datos descritivos da protagonista que leva ó lector a situar o marco espacial neste país asiático. Isto vese reflexado en frases como: llevo un quimono de seda color melocotón; yo no tengo los párpados hinchados de los occidentales ou con nuestra taza de arroz.

Outra forma de describir tan fóra do común e tan pouco explícita é cando escribe que aquel líquido le hacía reír e non a forma simple: la emborrachaba.

Os detalles da súa minuciosa descrición son tan exactos que o lector non se dá conta que non coñece o nome da protagonista ata a metade do libro. Buck describe tan ben a súa psicología e apariencia física que consegue que ó lector non lle importe o nome e esqueza que non o coñece.

Co relato en primeira persoa de Kwei-lan e, por tanto, coa súa forma de expresarse demóstrase (por dicilo así) o radical “nacionalismo” dos chineses do S.XX. Kwei-lan  e a súa familia refírense a todo o non chinés como “estranxeiro” empregando sempre frases como: hospital extranjero, cigarros extranjeros, sangre extranjera, etc. Incluso chegan a referirse a calquera persoa non nativa como diablo extranjero, os cales segundo eles, visitan China “para adquirir un poco de civilización”.

Final e afortunadamente o marido de Kwei-lan consegue abrirlle a mentalidade e acaba empregando frases, para nós tan cotiás pero para ela tan difíciles, como hablaban en inglés (e non en idioma extranjero) ou era de nacionalidad estadounidense (e non de nacionalidad extranjera).

Aínda non tendo coñecemento ningún sobre o modo de vida da sociedade chinesa, Buck proporciona tanta información sobre a actitude da poboación que é imposible non decatarse do ilimitado machismo deste país. Exemplo disto é que, para eles: o que se preserva cun embarazo é só a raza do home; ter concubinas é unha prerrogativa que as leis de China lle conceden ós homes; e as innumerables afirmacións de Kwei-lan dicindo mi marido siempre tiene razón (que incluso constitúe a frase final do libro).

Ademais, tamén se explican outras prácticas machistas como a perforación realizada na orella esquerda dos varóns recén nacidos para colgarlles un pendiente e así protexelos dos deuses (que pensarán que son nenas e como non importan nada, non as quererán levar con eles).

Outra práctica tradicional é a baseada na inmersión, dende a infancia, dos pés das nenas en auga fervendo e a inmediata apretada vendaxe para evitar a súa medra, pois en China os pés grandes non son propios da beleza.

Así, esta historia revela como sí alguén en China puido suprimir a diferenza de raza e unha diferenza de educación secular.

É unha das mil historias de chineses e chinesas que intentan, aínda hoxe, derrubar os antigos dogmas que rixen este país asiático.

 Yanire Díaz Villaverde

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s