Vivencias dun reporteiro de guerra

Título: Ruido

Autor: Miguel Anxo Murado

Editorial: Montesinos

Ano: 1997

O libro Ruído, de Miguel Anxo Murado, contanos as vivencias do autor durante a súa estadía na ex-Yugoslavia. Amosanos un claro exemplo da vivencia dun xornalista no seu labor de reporteiro de guerra en situacións límites, que en ocasións até poden rematar coa vida, como lle sucedeu a o xornalista do relato “francotiradores”. Durante a guerra este xornalista, Hoffman, hospedábase nun hotel da cidade, cando de supeto comezaron a aparecer asesinatos  na rúa na que se atopaba este hotel. O asesino disparaba ás súas victimas dende unha ventá do edificio que estaba fronte ao hotel, Hoffman sabíao, e todas as mañas saía dar un paseo esperando poder fotografar algo novidoso, e de paso dar coa ventá onde se agochaba o asesino. Unha das noites o xornalista sentíu un disparo, de novo o asesino actuara. De supeto Hoffman saíu a ventá e viu o asesino, él tamén o viu, as súas miradas curzaranse nun momento en que o tempo parecía deterse. Ao momento oese un disparo, o asesino disparara a Hoffman. Nos xornais do día seguinte saíu unha noticia na que se decía que un francotirador e un xornalista morreran.

A linguaxe que utiliza Miguel Anxo murado no libro, ten influencias do xornalismo, pois él estudou xornalismo. Relata as súas vivencias de forma directa, e intenta somerxer ao lector no conto. A lectura en momentos expresa con claridade o que sucede, e reflicte a gravidade do conflicto bélico, como por exemplo no parágrafo: Al quedar en silencio, se empezaron a escuchar, por primera vez para mí, los lamentos de los animales atrapados y desesperados de hambre y el latido ansioso y sonoro del elefante, bombeando litros y litros de sangre, incapaz de morir. Neste parágrafo transmítenos directamente o sufir dos animais. En todos os relatos comeza con unha entradiña como na prensa, que fai unha breve introducción do relato.

Este autor e o libro pode que non sexa moi coñecidos, apesares de recibir o Premio San Clemente, pero ten a grandeza de moitas outras obras consideradas como magníficas. Gustoume moito, e en especial dous capítulos, “francotiradores” e “zoológico”. O erro que lle vexo é que os relatos fanse curtos, cando estas metido de cheo atopaste co fin do capítulo.

Gutier Salgado Fernández

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s