Ausencia de liberdade nos medios de comunicación

Titulo: Los guardianes de la libertad

Autor: Noam Chomsky e Edward S. Herman

Año de publicación: 1988

Editorial: Crítica Barcelona

Intereses políticos, económicos e ideolóxicos moven aos medios de comunicación a seren empregados de maneira incorrecta por parte das altas esferas do poder.  Aínda que fora escrito no ano 1988, a realidade actual non cambia en absoluto. Neste libro, Noam Chomsky  e Edward S. Herman, expóñennos as causas polas que, debido a este poder, a veracidade da información perde transparencia e obxectividade, ademais de rigor.  A este tipo de inxustizas informativas, que invaden aos medios de comunicación, os autores denominan “sistema de mercado dirixido”, polo poder.

Mediante os conflitos, como poden ser a Guerra do Salvador, Nicaragua ou Guatemala, entre outros, os autores analizan o modelo de propaganda que seguen os medios de comunicación de masas en Estados Unidos. Estes obedecen unha serie de requisitos políticos para manter viva unha serie de crenzas, valores ou códigos de conduta que permitan que siga en pé  unha determinada orde social.

  • Os medios de comunicación pertencen na súa maioría a élites económicas.
  • A publicidade, que permite ao medio manter unha certa bonanza económica e desta maneira mantelo vivo .
  • A  dependencia informativa, que fai que tanto os medios coma as fontes, que normalmente son  institucións gobernamentais, teñan unha relación de mutuo interese.
  • As “contramedidas” que poden levar a cabo os anunciantes, ameazando a os medios quitando a súa publicidade, se as informacións vertidas sobre eles os perxudican.
  • O anticomunismo característico destes país, no que as opinións de esquerda son consideradas non patrióticas.

Todos estes puntos, consolidan os filtros que inflúen na consecución dun modelo propagandístico e polo tanto que se produza unha selección da información que agasalle ao poder hexemónico.

Ademáis disto, o monopolio da información favorece á censura oficial e á manipulación da información. A maneira en que se fabrica a verdade oficial e o que é filtrado para ser noticia, ou non, son incógnitas que se desvelan nesta obra. Os autores poñen en evidencia ditas manipulacións e mentiras, cun exhaustivo traballo de investigación.

A pesar de que só se analizaran os medios de comunicación deste país, esa realidade que nos conta tamén está presente na España actual, e que iso ocorra nunha sociedade democrática, como é a nosa, constitúe un instrumento de perversión que é necesario que desapareza.

Óscar Vallo Mirás

 

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s