“Diga que son traductor de árabe nunha mesquita superradicalizada”

Título: Irse a Madrid y otras columnas
Autor: Manuel Jabois
Editorial: Pepitas de Calabaza
Ano de  publicación: 2011

Entre unha morea de xente que espera a José Luís Cuerda e Manuel Rivas minutos antes da súa charla coloquio no Culturgal sobre a obra “Todo é Silencio” un home intenta colarse entre a xente para fotografar o escenario no que estarán nuns minutos. Alí está sentado o que será o mantedor do acto. O home consegue chegar á primeira fila e discúlpase “Yo, es que soy muy fan de Jabois”. Manuel Jabois, columnista do Diario de Pontevedra e mantedor de actos por un día espera pacientemente a que os interlocutores cheguen. Espera sentado, con calma pero tamén cun certo aceno de desleixo. Comeza o acto. Con actitude relaxada conversa con Manuel Rivas sobre un dos seus últimos libros, pregunta sen papeis e xogando cun boli Bic na man. Parece que non sabe de que vai a cousa pero coa chegada da primeira pregunta racha coa súa imaxe de  pulpo nun garaxe, sabe o que está a facer. “Vostede dixo nalgunha ocasión que a literatura é un xitano perseguido pola Garda Civil, que quere dicir con esta frase?”

Os artigos de Manuel Jabois reunidos no seu libro Irse a Madrid recollen pequenas doses de realidade, realidade pontevedresa, realidade galega pero sobre todo a realidade do mundo de Manuel Jabois. Os artigos de Jabois coma el mesmo son  “pasotas”, divertidos, ácedos pero tamén fortemente reflexionados e documentado.
Adicto aos xornais dende pequeno Manuel Jabois fala sen problema da súa condición de xornalista por cuestión xénetica, o seu avó tamén fora xornalista, pero puntualiza sempre: “Eu nunca estudei xornalismo”. Con todo, non ter estudado xornalismo non lle impide reflexionar sobre a propia profesión de xornalista, escribir artigos de provincias e ter que explicarlle a todos os seus coñecidos que escribir en Pontevedra é o mesmo que escribir en Madrid aínda que con menos glamour. Jabois creou o seu propio pianista nun burdel, “No vuelva usted a decir que soy periodista, la próxima vez que le pregunten diga que soy traductor de árabe en una mezquita superradicalizada”.

Moi en contacto cos seus lectores, aos que tamén presentou en primicia a través do seu blog algúns dos artigos que se recollen no libro, é un dos xornalistas máis visibles na rede social Twitter que considera coma unha escola perfecta para xornalistas, para aprender a titular, “hai que aprender a adaptarse á caixa”, aos 140 caracteres.

Un libro de artigos para ler na praia ou na parada de autobús, aínda que podes caer no risco de parecer un tolo que escacha a rir no medio dunha rua chea de xente. Un libro para pasar o tempo, aprender, ler e reler ata que saia a nova recopilación de artigos, posiblemente para o 2012.

Tes cinco minutos? Recoméndote o meu favorito: Irse a Madrid http://www.manueljabois.com/2009/11/irse-a-madrid.html

María Bragado Paz

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s