Actor, activista sen partido e cidadán

Autor: Guillermo Toledo coa colaboración de Pascual Serrano

Título: Razones para la rebeldía

Lugar e ano de edición: Barcelona, 2011

Editorial: Ediciones Península

Quizais algúns só o coñezan como <<Richard>> de Siete Vidas ou polo seu papel en El otro lado de la cama, pero as actuacións máis memorables de Guillermo Toledo non son nos escenarios, senón cando deixa emerxer a súa faceta de comprometido activista político.

É certo que compaxinar o compromiso político coa interpretación non é doado, a miúdo estas son dedicacións excluíntes. Seguramente, se Willie nunca desenvolvese a sensibilidade social que o caracteriza, a súa carreira sería máis prolífica e rendible. Asemade, se non fose actor acolleríano como un activista máis, pero pola súa condición de <<famoso>> é sospeitoso de participar polo seu propio beneficio.

Con todo, Toledo estivo presente na Porta do Sol no 15-M, foi autor do guión da gala dos Premios Goya que se pronunciou contra a Guerra de Irak, promoveu numerosas protestas contra o encarceramento dos manteros, interrompeu un pleno no Congreso dos Deputados para pedir a liberación do Sáhara, acompañou a Aminatou Haidar na súa folga de fame… Todo isto sen renunciar ao cine, á televisión e á súa compañía de teatro, Animalario.

No libro recolle, sen pelos na lingua, a opinión que lle merecen certas cuestións coma o amor imposible entre monarquía e democracia, a igrexa, a sanidade pouco pública, a desmemoriada Lei de Memoria Histórica, a estafa da crise, a represión no Sáhara, a redución do acceso á cultura por culpa da SGAE e da Lei Sinde, a ocupación israelí, etc. Un libro moi recomendable para todos aqueles que estean dispostos a loitar, e non só soñar, polos nosos dereitos.

 

Pérez Capelo, María


Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s