Diario dun inconformista

TítuloDiarios

Autor: Arcadi Espada

Lugar de edición: Madrid

Año de edición: 2003

Editorial: Espasa-Calpe

Arcadi Espada sigue disposto a loitar con quen faga falta para demostrar que a colocación errónea dun adxectivo, non é so un erro sintáctico senón que é consecuencia dunha desorde moral. Para o escritor, que foi despedido hai uns meses como profesor da Universidade Pompeu Fabra, non existe unha conexión entre xornalismo e literatura, afirmaque non por traballar coas palabras podes considerarte un escritor, nese caso os avogados ou os historiadores que tamén traballan con palabras tamén serían literatos.

Diarios é dende a súa orixe un experimento, no que o autor recolle diariamente a súa lectura particular sobre os contidos xornalísticos dos diarios do día durante o ano 2001. Para Arcadi España o xornalismo non é literatura, segundo el non por traballar coas palabras es un literato, senón os historiadores por exemplo tamén estarían considerados como tal.

Para o escritor catalán, o xornalismo actual cheira como un eructo barroco. Ao contrario do que pensaba Gaye Tuchman, para Arcadi non son os medios os que constrúen a realidade senón que é a propia construción mediática a que destrúe a realidade. Isto é consecuencia da mala expresión que teñen os xornalistas que el tilda de “modernos”. Arcadi entra en cólera co uso que fan algúns destes xornalistas de adxectivos como “histórico”, considerando que o seu uso é obsesivo e reflexa “a profunda indiferenza que ao xornalismo lle merece a historia”.

Arcadi tamén analiza unha das fotografías del premio Pulitzer de xornalismo Javier Bauluz. A instantánea recolle o corpo dun inmigrante nas praias da costa de Cádiz mentres unha parella toma o sol nese areal, unha imaxe que foi portada do diario The New York Times. Espada extrae a imaxe do seu contexto xornalístico para introducila nunha realidade ficticia creada por el mesmo, califica a fotografía de falsa, dunha montaxe do fotografo para dar esa sensación de indiferenza. Estas afirmacións custáronlle unha demanda por parte de Javier Bauluz, os tribunais estimaron que as declaracións que vertía no libro eran falsas, inxustas e sen razón.

Na actualidade, o autor segue co seu proxecto recollendo día a día as súas impresións da prensa no seu blog www.arcadiespada.es, no que publica tódolos días antes das once da mañá. Tamén publica columnas de opinión no diario El Mundo, nas que axita e provoca as masas que lle responden a través das redes sociais.

Rubén Comesaña

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s