Émile Zola, o claro exemplo do que un xornalista debe ser

Autor: Sanz Miguel, Concha

Título: Zola y Dreyfus, el poder de la palabra

Lugar de edición: Barcelona

Ano de edición: 2001

Editorial: Bellaterra

O 22 de decembro de 1894, Alfred Dreyfus, capitán do exército francés de orixe xudía, era xulgado por alta traición, pese a ser inocente. A condea basouse en probas falsas e encubrimentos dos altos mandos, que o levaron a prisión perpetua, unica e exclusivamente pola súa condición de xudío.

A opinión pública francesa adoptou unha postura abertamente en contra de Dreyfus, alimentada polo fanatismo antisemita dunha prensa influinte e practicamente libre de escribir e difundir calquera tipo de información, incluso inxuriosa ou difamatoria.

Nese contexto, resaltaría a figura dun afamado escritor do momento, amante da verdade e da xustiza, que sacaría á luz pública tódalas irregularidades do proceso que ata o momento practicamente ninguén se atrevera a cuestionar. Émile Zola, coñecido polos seus vinte volumes naturalistas de Rougon-Macquart, daríalle a volta ao caso coa publicación de “J’Accuse” un 13 de xaneiro de 1898 en  primeira páxina do diario L’Aurore. Un escrito que promoveu unha forte polémica e que deixaría pegada na historia do  xornalismo.

En forma de carta aberta ao Presidente da República, Zola aportaba por primeira vez a reunión de tódolos datos existentes sobre o caso, seguindo ese afán por sacar á luz a verdade. Cun estilo directo, mordaz e durísimo, denunciaba sen reparos a tódolos responsables que conspiraron contra Dreyfus.

Este escrito, cuxa repercusión provocou o exilio do seu autor a Inglaterra, suporía o primeiro paso para que en 1906 Dreyfus fose declarado inocente de tódolos cargos, un acto de xustiza que Zola non chegou a ver. Morrera catro anos antes na súa casa, asfixiado supostamente polos fumes dunha chimenea, hipótese que aínda hoxe non está clara.

 

El só, cunha carta feita pública ao Presidente da República francesa, conseguiu cuestionar non só a toda a alta esfera militar e política da época, senón tamén a capacidade dos medios de comunicación do momento. Zola, arriscouse, e de feito foi detido por iso, a cuestionar e denunciar un escándalo sucio que o resto de medios calou, e que incluso non repararon en adoptar nas súas informacións o papel de “enxuiciadores” ou “sentenciadores”. Os medios de comunicación a veces son capaces de xuzgar como xuices e de convencer ademais á opinión pública de que o seu veredicto é o correcto aínda cando en ocasións os argumentos nin se sosteñen. Tal foi o caso Dreyfus, ante o que Zola, coa publicación de “J’Accuse”, obligou á sociedade francesa a cuestionar a legalidade do proceso.

“J’accuse” é un dos exemplos do que debería ser unha profesión case sempre desprestixiada pola falta de obxectividade e polos intereses que moven aos medios que, cada día máis, non deixan de ser empresas e se comportan como tal, aínda sendo coñecedores da súa capacidade para modelar a opinión pública. E é que, como futuros profesionais na búsqueda e difusión da veracidade informativa, nunca deberiamos perder de vista a persoas como Zola que foron capaces de manter o seu exercicio xornalístico e o seu compromiso coa verdade, por riba de intereses e presións.

A importancia de Émile Zola e o seu “J’Accuse” é o claro exemplo do que o xornalista  e o xornalismo deben ser.

Miriam Varela Fernández

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s