“Lo propio de nuestro oficio es contar las noticias, no callarlas, explicarlas, no manipularlas, sintetizarlas, no embrollarlas”

Autor:   Juan Luis Cebrián

Título:   Cartas a un joven periodista

Lugar de edición:   Barcelona

Ano de edición:   1997

Editorial:   Ariel/Planeta

“Este libro es el intento, no sé si logrado, de transmitir a las nuevas generaciones algo de la experiencia propia y de los conocimientos y dudas que he podido acumular a lo largo de mi trayectoria profesional”

O propio autor descríbeo á perfección no prefacio. Este exemplar é iso: unha profunda reflexión dun xornalista namorado do xornalismo. E, ademais, resulta que ese xornalista é unha das figuras hispanas máis relevantes neste campo: Juan Luis Cebrián. Non fai falla dicir entón que o que este libro pode ensinarnos a nós, aínda principiantes nisto da comunicación, é moito máis que bastante.

O xénero que escolle é o epistolar. Honorio, un mozo aspirante a ser xornalista, é un personaxe ficticio ó que Cebrián se dirixe e que, segundo el, representa ós lectores. É unha forma de facer fluír e de dinamizar o que viría sendo un discurso ensaístico. Resulta moi interesante o efecto que crea a elección deste xénero, pode que sexa o que lle aporta singularidade ó libro. Aínda que Honorio non exista, ó enfrascarse na lectura dá a impresión de que realmente se dirixe a el e que o lector é unha testemuña da evolución da relación do escritor con este rapaz. Resulta unha forma maxestosa de camuflar unha pura reflexión do xornalista, pois semella que quen introduce os temas no é el, senón as dúbidas coas que acode a el Honorio. Insistindo no tema, é moi curioso o fenómeno de “atrapar” ó lector e facerlle crer que Honorio é de carne é óso. Semella que a maxia da literatura ten algo que ver nisto.

E así, neste vaivén de cartas dun mozo confundido (coma nós), cheo de dúbidas (coma nós) e inexperto (tamén coma nós), Cebrián trata todos aqueles temas que o fan cavilar, pero que á vez pasan pola mente de calquera xornalista cando esta se dispón a facer este mesmo exercicio. Mais o que  queda claro é que a escritura deste libro lle proporcionou tamén moito ó autor, que tivo que acudir ó seu pasado e pensar no seu futuro, admitir fallos, aclarar malentendidos, defenderse, xustificarse, rebelarse, criticar, explicarse e tamén confesar cousas que tiña gardadas para si nun recuncho da súa mente.

Cebrián fala da nosa profesión desde a experiencia. E fala dun xornalismo non idealizado, senón realista. Non é teórico, senón práctico, e aínda que cada un temos dentro de nós un “xornalismo platónico”, ás veces debemos asumir as particularidades da a realidade actual. É dicir, non só trata o xornalismo coma un idilio, un arte, senón tamén coma unha realidade. Cebrián fala desenfadado, crítico, cercano, sincero, realista. Dende a moral xornalística ata o propio negocio do xornalismo, sen deixar a un lado a situación que vive esta profesión na actualidade. Dende as súas propias anécdotas á profesión do xornalismo en si. Do individual ó colectivo, do íntimo ó público. Do mellor e do peor xornalismo. E tamén do xornalismo literario.

Sería unha pena non incluír aquí algúns dos fragmentos deste libro. Eles, sen necesidade de máis explicación, mostran a súa esencia. Pero é que, ademais, nestas poucas frases recollidas a continuación xa podemos aprender varias leccións, algo que Cartas a un joven periodista nos aporta á parte da súa riqueza formal. Polo tanto, aquí vai un pequeno aperitivo do manxar que lle espera a todo aquel que se anime a adentrarse nesta obra:

 

“Se trata de que nuestra imprudencia sea fruto de nuestra pasión, no de nuestra ignorancia. Estudia economía, o leyes, o ciencias políticas, o informmática, hazte experto en humanidades, y luego aprende el oficio de informar.”   (Sobre o actual sistema de formación dos xornalistas en España)

 “Son demasiados los que quieren ejercer el sacerdocio de la pluma, y yo prefiero quedarme en carpintero de la misma.” (Sobre o xornalismo sensacionalista)

“El periodismo reposa en lo efímero, en su razón de ser. La literatura padece la atracción de lo eterno. Nada que se haga tan apresuradamente como un periódico puede perdurar, y no tiene sentido afrontarlo, por eso, con ánimo literario.”  (Sobre o xornalismo e a literatura)

“No nos encontramos, contra lo que los optimistas pensaban, ante el fin de la historia, sino ante el comienzo de una era radicalmente diferente cuya aurora, para mayor recocijo de los hermeneutas, coincide con el nuevo milenio: la era digital.”  (Sobre a dixitalización)

 “Me preocupa la facilidad con la que un tonto coge un micrófono y se convierte en un líder social o en un creador de opinión.” (Sobre  a desinformación)

 “Lo propio de nuestro oficio es contar las noticias, no callarlas, explicarlas, no manipularlas, sintetizarlas, no embrollarlas.” (Sobre o xornalismo de calidade)

“Si me he dejado arrastrar por tales meditaciones ha sido por culpa de mi espíritu diletante, tan contrario a cualquier reflexión científica, pero tan cercano y útil al disfrute de los sentidos”. (Sobre Cartas a un joven periodista)

 

E, unha vez máis, non o podía describir mellor. Este libro é como coller unha mente en pleno proceso reflexivo e plasmala nun papel. Desordenado, disperso, subxectivo, natural. Así son estas Cartas a un joven periodista, que tanto nos poden facer pensar, aprender e descubrir ós futuros aspirantes desta profesión tan “especial”.

 

Olalla Liñares García.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s