Morrer, ese aspecto diferencial

Autor: Émile Zola

Título: El arte de morir

Lugar de edición: Córdoba

Ano de edición: 2009

Editorial: El Olivo Azul

Émile Zola trata en El arte de morir o tema da morte, pero non o presenta dunha maneira tétrica, nin véndoo como algo negativo, senón como un estado real e inevitable que forma parte da existencia humana. As letras deste autor francés invitan a unha reflexión persoal sobre este estado que nalgún intre preocupou ou preocupa a tódolos seres humanos.

Trátanse de varias historias que se desenvolven en distintas situacións sociais: como morre unha persoa rica, como morre un neno pobre, unha persoa traballadora ou mesmo un duque. Socialmente está estendida a frase “ante a morte todos os seres humanos son iguais”, pero analizándoo ben, o que non é igual é a situación que se produce tras o falecemento. Cando fina unha persoa rica moitas persoas acoden a velar o cadáver e a intentar conseguir unha parte da súa herdanza, xerándose incluso rifas e disputas familiares. Por outra banda, o pobre morre só. Apenas pode ter un enterro digno e é moi probable que acabe nunha fosa común. Os seus familiares intentan conseguir mediante axudas dos veciños e coñecidos algo de diñeiro para poder costearse unha caixa de madeira. Como se pode ver, os diferentes estatus da sociedade tamén están presentes nestes últimos actos da vida, a pesar de que a morte sexa esa peza imprescindible do xogo vital que o home sempre leva no seu peto sen saber cando lle tocará xogala.

Sen dúbida, a principal esencia destes relatos radica na idea de que hai tantas mortes como seres humanos. Se cada existencia é única, tamén o é cada morte e a maneira na que cada un se achega a ela, a imaxina, a teme, a soña…É pois, a morte ese aspecto diferencial entre uns e outros, independentemente de que se nacera nun berce de ouro ou de palla.

Un medo que está presente na sociedade é o feito de que a un o enterren vivo. Zola, como bo naturalista, explica en primeira persoa tal e como é esa sensación co curioso caso de Olivier Bécaille. El mesmo conta a súa propia defunción, conta todo o que sente e o que ve…Intenta facer unha comparación co que el meditara  sobre como ía ser ese momento definitivo:

¿Era esto acaso la muerte? Yo me había imaginado una noche más oscura, un silencio más pesado. Ya desde muy pequeño he tenido miedo a la muerte. Como era muy endeble y la gente me dedicaba compasivas caricias, siempre pensaba que no iba a vivir demasiado, que me enterrarían pronto. Y la idea de estar bajo tierra me provocaba un espanto al que no podía habituarme, aunque me rondara día y noche (…)

Moitos lectores pódense sentir identificados con estes temores e estas preguntas retóricas que se fai o personaxe desta historia de Émile Zola. Dúbidas existenciais, o temor a morrer sufrindo, a dor de perder a quen se ama… Unha gran parte da poboación tende a ocultar todos estes pensamentos porque lles dá vergonza que o resto poida acusalos de falta de enteireza.

No podía imaginarme a desaparición de mi ser, la supresión total de lo que era y para siempre, por los siglos de los siglos, sin que jamás pudiera volver. Cuando en un periódico leía una fecha del futuro o una referencia al siglo que viene, sentía un escalofrío: seguramente yo ya no viviera para entonces y ese año del futuro que no iba a ver, en el que ya no iba a estar, me llenaba de angustia. ¿Acaso todo el mundo no estaba en mí y no se iba a acabar cuando yo me fuera?

Émile Zola consegue que os seus escritos non perdan vixencia na actualidade. O tema da morte segue a suscitar o mesmo interese na sociedade porque é un aspecto do que apenas se coñece nada.  Zola coida de xeito minucioso a documentación que utiliza en cada un dos seus escritos, o que fai que se recree ben a situación da época sen caer no surrealismo, sempre contando a verdade, como un bo xornalista.

Beatriz Yáñez Castro

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s