O capitalismo funeral

Autor:   Vicente Verdú

Título:   El capitalismo funeral

Lugar de edición:   Barcelona

Ano de edición:   2009

Editorial:   Anagrama (colección Argumentos)

A moitos sóanos Vicente Verdú polas súas habituais columnas no diario El País. Pero tamén ten obras publicadas, unhas vinte e tres. E delas, a última é El capitalismo funeral.

El capitalismo funeral é unha reflexión ben axeitada para o contexto que estamos a vivir na actualidade. Vicente Verdú fai unha análise persoal desta crise, esta Terceira Guerra Mundial, esta decadencia do capitalismo que inunda os primeiros anos do século XX. E faino dunha forma moi especial, pois consegue falar de economía sen que soe “a chino”. É certo,  a miúdo este tipo de ensaios fanse indixeribles, pero este é un ensaio sobre economía escrito por un xornalista, aí reside a súa singularidade.

“Tanto esta obra como todas las que he firmado han sido siempre <literalmente> ensayos: ensayos literariamente.”

O propio autor non o pode definir mellor. O xeito de escribir é o dun xornalista, o de reflexionar o de incluso un filósofo e o tema a tratar é o propio dun economista. Ou non, porque a verdade é que todo do que Verdú fala ó longo desta obra son cousas nas que ultimamente nos paramos a pensar a miúdo: ¿de onde vén esta situación? ¿cara onde vai? ¿de quen é a culpa? ¿que pasa co capitalismo? ¿que pasa co diñeiro? ¿que pasa cos políticos? ¿que pasa cos mercados? ¿por que está todo tan mal?. Trátase dunha reflexión moi ampla, non falta de crítica, que mira as cousas dende diferentes puntos de vista: histórico, filosófico, económico, xornalístico, político.

Pero o que máis engancha da obra, á parte do tema, é a forma. A calidade literaria do escritor é a que permite que algo tan complicado de tratar sexa accesible para todos os públicos. E non por ser simple ou pobre, senón todo o contrario: en cada páxina hai unha expresión desas que nos gusta apuntar nun papeliño porque conta de maneira sublime algo que, polo seu significado, tendería a ser exposto de maneira sobria. Como isto anterior pode resultar algo complexo de entender, aquí vai un exemplo ben claro:

“Los activos financieros tóxicos envenenaron las aguas y después cualquier sorbo de liquidez no hará sino sentarnos mal.”

El capitalismo funeral permítenos gozar da lectura á ver que nos ensina, que nos cultiva. É unha reflexión que fai reflexionar, cousa moi importante neste período tan convulso que nos toca vivir. É un ensaio literario xornalístico, pois ó fin e ó cabo non ten outra intención que facer de filtro (iso si, reflexivo) entre a realidade actual e todo aquel que se dispoña a ser seducido por este libro.

Olalla Liñares García.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s