Lo contrario de la muerte

Título: Lo contrario de la muerte.

Autor: Roberto Saviano

Lugar de edición: Barcelona

Ano de edición: 2009

Editorial: Debate

Roberto Saviano, loitador contra a camorra italiana e escritor de Gomorra, libro que o levou a vivir oculto e protexido 24 horas diarias. Neste libro relátanos como conseguiu infiltrarse na camorra italiana e as complexidades da mesma.

En Lo contrario de la muerte, este non é o tema central da obra pero si o seu fondo. A novela consta de dous relatos nos que a violencia continúa a ser o núcleo central. No primeiro deles Regreso de Kabul, cóntanos a historia dunha parella de novos que, ante o desexo de casarse e formar unha familia non encontran máis saída que o alistamento no exército del. Afganistán é o destino de Enzo, un rapaz que viaxa á guerra co único obxectivo de conseguir cartos para cumprir o soño de casarse con María, a súa moza. Pero a consecuencia é fatal e acaba sendo vítima dun atentado dos talibáns. Coma él, outro moitos homes deciden alistarse para conseguir unha mellora nas súas vidas mais estas expectativas vénse frustradas e o resultado divídese entre veteranos fracasados ou eivados e familias en permanente loito. Con isto o autor contribúe a achicar un pouco máis, se cabe, as expectativas dunha vida digna e libre entre os habitantes destes mundos.

Na segunda das historias, El anillo, Saviano transpórtanos de novo ó seu país. As mafias volven ser o núcleo central da historia. Trátase da morte de dous rapaces inocentes debido á loita entre diferentes mafias. Aínda que este libro é un canto á esperanza, esta mesma vese tapada por varias capas de decepción e escepticismo. “Naceran na terra da culpa. Non podían chamarse inocentes”, esta é a voz que incide no segundo relato.

Con este tipo de literatura Saviano acércanos á realidade do seu mundo, da mafia, os crimes inxustificados, a violencia… pero non o fai dunha maneira teórica como todos podemos chegar a coñecela, senón de forma máis literaria coa que consegue chegar ao corazón do lector e facerlle sentir máis de preto e como propia a dor das familias ou a incerteza de vivir nun país onde non sabes se volverás pisar a túa casa ó final do día. Isto é o que fai especial o texto e a literatura de Saviano que consegue facer do lector un aliado dos seus pensamentos e consciente das realidades que se viven en dito país. Consegue facer que vexamos esa realidade de máis preto e que a sintamos e lle demos a importancia que se merece.

Como dixemos anteriormente, Saviano deixa de lado o estilo xornalístico que empregara para La belleza y el infierno e elabora unha escritura máis novelística. Fai un exercicio de oído, de atención ós problemas polos que pasa o sur de Italia. Por un lado, os soldados novos que morren na guerra de Afganistán; por outro, os chavales que terminan cribados a balazos por asuntos da mafia. En ambos relatos a escritura vólvese peleona, vingativa, rabiosa, contra os poderosos e os muros do silencio. En palabras do propio autor, “o libro quere ser un conto á esperanza, a posibilidade que teñen as novas xeracións, que viven unha guerra verdadeira no sur de Italia, de inventarse unha humanidade nova”.

 

Laura Quiñoy

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s