O mito Foucellas


AUTOR: Victor Luis Lamela García

TÍTULO: <<Foucellas>> El riguroso relato de una lucha antifranquista

LUGAR DE EDICIÓN: Sada, A Coruña

ANO DE EDICIÓN: 1992

EDITORIAL: Ediciós do Castro

 

Benigno Andrade García, máis coñecido coma “O Foucellas” foi un guerrilleiro antifranquista de moita fama durante a posguerra civil española.

O seu nome proviña do lugar onde naceu, en Mesía, na provincia da Coruña.

Este libro, comeza na súa introdución relatando unha gran novidade que sucedeu no seu ano de publicación, no ano 92, o que provocou unha paralización de última hora da impresión do libro para facer algúns cambios. No museo militar da Coruña, inaugurado pouco antes da edición do libro, expoñíase ao público a arma de Foucellas, que era considerado no detalle da peza exposta coma un soldado da guerra civil, xa que ata agora, era calificado polas autoridades coma un “bandoleiro, bandido ou facineroso” entre outros moitos máis adxetivos.

Foucellas foi un anarquista, que coma moitos outros tivo que botarse ao monte trala victoria do bando franquista na guerra civil. Comezou a coller certa fama dentro de Galicia, xa que foi un dos líderes maquis da posguerra. As autoridades para difundir o medo na poboación difundían falsos rumores sobre os actos maléficos que estaba levando a cabo Benigno Andrade, tales coma asaltos, axustizamentos, atentados, asesinatos, atracos, emboscadas, etc. E a súa captura foi unha obsesión durante moitos anos para a Garda Civil do réxime, cousa que lograron, no ano 52, dezaseis anos despois de “botarse ao monte”.

Neste libro, aparte dalgúns datos biográficos sobre Benigno Andrade García relátanse un a un todos os delitos dos que foi acusado, co testimonio da Garda Civil sobre o acontecido e a parte que corresponde a cada delito no interrogatorio feito polo consello de guerra trala súa detención.

En todos os delitos é negada a súa autoría por Foucellas, que aparte, detalla todos eses casos declarando por quen foron realizados, xa que na maioría dos casos Benigno Andrade era declarado culpable por rutina.

No libro, tamén se relatan as últimas horas de Foucellas, antes do seu asesinato, mediante garrote vil, por pena de morte na prisión provincial da Coruña.

Hoxe en día, Benigno Andrade segue sendo considerado por moitos un mito ou un heroe, mentras que por outros coma un bandido, aínda que o que sempre conseguiu foi a admiración do pobo galego.

 

Alberto Rivera

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s