Los Conejos

Título: Lso Conejos
Autor: Shaun Tan e James Morsden
Lugar de edición: Granada
Ano de edición: 2009
Editorial: Bárbara Fiore

Los Conejos é outra obra gráfica do ilustrador Shaun Tan. Esta vez camiña da man do escritor australiano John Marsden para traernos un conto ilustrado para adultos. Este libro xunto con Emigrantes ou A árbore vermella, do mesmo autor, fannos recapacitar e ensínanos que unha imaxe vale máis ca mil palabras. John Marsden e Shaun Tan conseguen con poucas verbas transmitir moito máis que cunha novela de mil páxinas.

O conto comeza coa seguinte frase: “Los conejos llegaron hace muchas generaciones”… Na páxina seguinte vemos a uns animais na beira esquerda e a outros na beira dereita, coma observándose, mirando as similitudes e diferenzas entre ambos. Os da dereita son os que chegan e os da esquerda os que xa estaban alí.

A medida que avanzamos na historia vemos como se van sucendo as imaxes, cada vez dunha cor máis escura e triste. Deste xeito pásase do azul ao marron claro, posteriormente ao marrón escuro, logo ao gris, que á súa vez se vai escurecendo cada vez máis ata chegar ao negro. Pero, que nos pretenden dicir os dous artistas con isto? Que significa a chegada dos coellos a esa terra?

 Pois ben, nun comezo son recibidos con escepticismo. Un sentimento que pouco a pouco vai mudando cara á intranquilidade a medida que os anfitrións coñecen as intencións dos seus visitantes. Cada vez van chegando máis e máis coellos en barcos máis e máis grandes. Os coellos son personificados por Shaun Tan e levan un traxe negro que os fai parecer ilustres homes de negocios do século XIX.

Se nos fixamos na imaxe con maior detemento observamos que o coello leva un monóculo e unha cadea dourada coma as que se lle adxuntaban aos reloxos da época.

Continuamos avanzando na historia e vemos como estes coellos destrúen todo canto hai ao seu paso: talan árbores para construir as súas casas, asustan á poboación e convirten esa terra pura e virxe nun mare magnum industrial.

Mais todo iso non é máis ca un paralelismo que levan a cabo os autores coa colonización que sufriron os habitantes de Australia.

Trala perda das colonias americanas, o goberno inglés decidiu buscar un novo lugar onde trasladar aos seus presos. Case 1.400.000 homes foron trasladados a Australia entre 1788 e 1868. En xaneiro dese ano 1788, o capitán Arthur Philip ordenou o desembarco dos reclusos na actual cidade de Sydney. Naquela época estaba habitada por tribos adaptadas a esa terra tan árida e diferente ao continente europeo (“No vivían en los árboles, como nosotros. Construyeron sus propias casas”). Aínda que era complexo sobrevivir alí, os comezos do século XIX foron aínda máis difíciles en Inglaterra por mor do paro e a fame, co cal miles de ingleses se trasladaron alí (“Los conejos se propagaron por el país. Y siguieron viniendo”). Co descubrimento do ouro a mediados do século XIX o país mudou e a poboación medrou exponencialmente no país índico (“Conejos, conejos, conejos. Millones y millones de conejos. Dondequiera que mirásemos había conejos”). Coa chegada do século XX constituiuse o estado australiano, mais para entonces os colonos xa se adueñaran de gran parte dunha terra que non lles correspondía (“Se comieron nuestra hierba. Talaron los árboles y asustaron a nuestros amigos. Nos robaron a nuestros hijos”).

A elección do coello como animal ameazante e colonizador non é azarosa. Os coellos foron os animais que máis dano causaron ao medio australiano e entraron na illa ao mesmo tempo que o fixeron os ingleses. A súa expansión foi tan rápida e incontrolada que os habitantes da zona se viron obrigados a construir a famosa valla a proba de coellos, como a que Shaun Tan debuxa no seu libro. Os efectos da entrada deste animal en Australia non é cousa do pasado, xa que seguen a ser un gran problema para o goberno. As loitas que manteñen os australianos con este animal son un capítulo máis das mantidas cos colonizadores hai séculos. Entonces perderon a batalla. Agora só queda esperar o que acontecerá nun futuro.

Lara Salgado Santos

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s