“A neve, os cans e o ouro do Yukon”


Título: A chamada da selva

Autor: Jack London

Ano de edición: 1983

Lugar de edición: Vigo

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Xabarín

No outono de 1894, as rexións do Yukon, na frontera entre Alaska e Canadá foron invadidas por centos de homes en busca do ouro que os había sacar da miseria.

Jack London, con tan só vinte anos, tamén formou parte desta empresa. Coñeceu as duras condicións de vida no Ártico durante un ano, pois na primaveira de 1898, enfermo de escorbuto emprendeu a volta ós Estados Unidos e comezou a escribir as súas vivencias. A publicación de The son of the Wolf no ano 1900, catapultouno ó éxito. A partir de ahí comeza a publicar ininterrumpidamente novelas, relatos e artigos xornalísticos.

O Ártico e o escenario da maior parte da súa obra, xunto coas experiencias vividas: historias sobre buscadores de ouro e os cans que os acompañaban cos trineos.

A chamada da selva ( The call of the Wild), é tamén unha desas historias do Ártico, dende a perspectiva dun can chamado Buck, que despois de ser raptado dunha finca de California acaba convertido nun can tirador. Buck comeza unha vida de loita cruel pola supervivencia, esquecendo o seu pasado doméstico e achegándose cada vez máis ós seus instintos, ó seu lado salvaxe, ó lobo que leva nas súas entrañas.

Nesta obra aparecen trazos xornalísticos propios da obra de London, e do xornalismo norteamericano en xeral:

  • Teoría do espello (a literatura debe ser un reflexo da realidade social do momento) : A chamada da selva comeza relatando como os xornais daban a noticia do ouro atopado nas terras no Norte, e como centos de homes partían na súa busca.

  • Crónica literaria:
  • Presenza do factor temporal: na historia sucédense os anos, as estacións, os días.. e en todo momento sabemos en que momento nos atopamos.
  • Localización: os lugares detállanse e especifícanse con rigor xornalístico (Santa Clara, Dawson, Klondike, Seattle, Dyea, Skaguay, Circle City…
  • Combinación das dimensións informativa e interpretativa: London cóntanos as súas vivencias dende a perspectiva dun can, que é totalmente interpretativa, pero ó mesmo tempo infórmanos de cómo se debe tratar ós cans tiradores, como se administra a comida, como se instala un campamento, os detalles da marcha dos trineos, a vida dos buscadores de tesouro nas aldeas do Norte. É dicir, este texto ten unha grande riqueza informativa, aínda que estea mesturada coa ficción literaria.
  • Á súa vez, tamén é unha crítica irónica, un retrato buslesco das xentes inexpertas que abandonaban as súas casas en busca de facerse ricos co desexado ouro do Norte, coa cabeza xa no que ían mercar e posuír, crendo que era cousa doada; facendo caso omiso das indicacións dos que xa estaban afeitos ás situacións extremas no Ártico e mostrando unha temeridade que levaríaos nalgúns casos ata a norte.

Por último, e a modo de curiosidade, A chamada da selva considérase a obra maestra da idade temperá de Jack London. Foi levada ó cine en varias ocasións , tamén de animación. É considerada unha obra xuvenil pola súa perspectiva animal, pero ó meu parecer é unha obra bastante profunda, que un neno non entendería de todo o seu trasfondo, que é o máis valioso desta obra.

Sara Alonso Moreda

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s