As veces debemos elixir

Autor: Roberto Saviano

Título: Gomorra: unha viaxe ó imperio económico e ó sono de poder da camorra

Ano de edición: 2009

Editorial: Círculo de lectores

O xornalismo é unha desas profesións que se debe realizar por vocación. Non só digo isto dende o punto de vista dunha estudante que practicamente vive na faculdade. Tamén o digo pola alta implicación que esta conleva. As veces esta implicación adquire unhas dimensións desorbitadas e chega a mudar por completo a vida dun xornalista. Isto foi o que lle aconteceu ao xornalista e escritor italiano Roberto Saviano tras publicar o seu libro máis recoñecido: Gomorra. Este libro non é máis que a adaptación á literatura do que sería unha inmensa reportaxe xornalística pragada de datos verídicos e salvagardada por unha gran investigación previa.

Na obra trátase todo o relacionado coa mafia napolitana dende os eslavóns máis débiles da cadea que a conforma ata os altos cargos desta. Apórtanse nomes, datas, lugares e minuciosas descricións sobre todo o que rodea a esta organización criminal. Foi precisamente esta exacta descrición a que intrigou a lectores de todo o mundo e fixo que Gomorra se fixese famosa. A notoriedade acadada por Saviano non foi ben acollida por parte do Sistema polo que caeu sobre el unha ameaza de morte que o leva a vivir baixo a vixiancia dun equipo de protección.

Son precisamente as repercusións que pode traer consigo publicar un libro, unha reportaxe ou un artigo o que me gustaría tratar, aproveitando a oportunidade que me ofrece o blog . O normal non é rematar ameazado de morte pola mafia mais as veces temos que ter en conta as posibles repercusións persoais (ollo, que non profesionais) que nos pode causar unha publicación. Por iso mesmo dicía ao comezo deste post que para practicar o xornalismo débese ter vocación. Débese sentir o deber de ter que facer saber ó mundo unha historia sen replantexarse se publicala ou non por medo. Ese medo debe desaparecer porque senón os máis poderosos sempre atacarán ós máis débiles.

Roberto Saviano non tivo este medo ao publicar Gomorra e gracias a isto podemos acceder ao interior da camorra napolitana. Podemos coñecer como é a vida de todas as clases de membros que a conforman, saber cales son os piares básicos da súa economía e como se estrutura, como son as súas guerras internas, etc. Non quero achegar neste post moitos máis datos sobre a camorra xa que a miña intención e incitar a alguén a que lea o libro e que cada novo dato lle faga seguir seguir lendo. Penso que é correcto puntualizar que este libro só é apto para aquelas persoas que estean interesadas no tema xa que é o único que aborda e, en ocasións, resulta moi pesado. Por iso a lectura de Gomorra, como a dedicación ao xornalismo, débese facer por gusto e non por obriga.

¿Qué tería pasado se a Roberto Saviano o inundase ese medo do que falábamos con anterioridade? A resposta é moi sinxela: para nós, como lectores, non tería pasado nada. Pero detrás desta resposta que deixará a máis de algún confuso hai unha realidade moi ampla. Se Saviano se vise superado polo medo e non publicase o libro é certo que as nosas vidas cotiás non terían cambiado. Mais gracias a este tipo de publicacións unha parte da nosa sociedade afástase da ignorancia sobre certos temas se nos ocultan, a pesares de estar moi presentes nas nosas vidas. Gracias a elas afastámonos do que os grupos dominantes queren que saibamos e achegámonos a unha realidade na que somos capaces de pensar por nos mesmos, ser críticos e ter as nosas propias ideas sobre certos temas. Falando como persoa e non como proxecto de xornalista, quero dar as gracias dende aquí a todos estes autores que venceron ó medo e nos axudan ao resto a coñecer a verdade.

As novas sobre a mafia italiana están a orde de día nos medios de comunicación. O día 7 de xaneiro apareceu en todos os xornais o arresto de Michele Zagaria, o máximo xefe do clan dos casaleses.

Pedrouso Areán, Anxela

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s