A guerra dende a perspectiva máis persoal do corresponsal

Autor: Miguel Anxo Murado
Título: Ruído. Relatos de guerra
Lugar de edición: Vigo
Ano de edición: 1995
Editorial: Galaxia

Ruído, relatos de guerra é un entramado de pequenas historias aparentemente illadas que teñen como factor común o escenario cruel da guerra. Unha visión do conflito que se deu en Iugoslavia nos anos 90 moito máis humana da que pode dar unhas imaxes mostradas nun informativo.

O especial do libro é que non se tratan de historias de ficción, aínda que nalgúns casos o parezan. Miguel Anxo Murado recolle, neste conxunto de trece relatos, vivenzas persoais dadas en Zágreb mentres realizaba o seu traballo como corresponsal de guerra.
“Foi en Turanj, preto de Karlobac […]un proxectil de morteiro caeulle a carón. El morreu e outros dous xornalistas, un fotógrafo suizo e mais un redactor alemán, resultaron feridos. A cámara seguiu gravando no chan. Rodou toda a escena”

Este é un fragmento do relato “ Ruído”, sen dúbida o máis impactante do libro. Resulta case imposible ler este conto sen que, polo menos, reconsideremos o risco da nosa profesión en según que situacións. Neste caso, mostrásenos como Tom, un xornalista, perde a vida mentres a cámara que o acompañaba en tantas outras retransmisións consegue gravar todo o acontecido. Aínda así, isto non é o máis estremecedor xa que despois, os seus compañeiros Bill e Mike editan a cinta que recollera o desafortunado desenlace de Tom. Esta é só unha pequena mostra do que nos podemos atopar neste libro, pero non é a única. Relatos coma Fogo amigo ou Nas mans de Deus son perfectas mostras do conflito visto dende a perspectiva máis persoal de aqueles que arriscan a vida non por defender os seus intereses, apoiando a un bando ou a outro nunha contenda, senón por informar ao resto do mundo do que nestes lugares sucede.

Ruído é un libro que aínda que xa leva uns anos nas librerías, recolle un tema de fervente actualidade xa que moitas das vívenzas aquí recollidas poderían ser completadas por outras que nestes momentos están vivindo os actuais corresponsais de guerra nos conflictos activos hoxe en día.

Patricia Domínguez Rodríguez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s