Apoloxía do escepticismo

 

Autor: Thompson, Damian

TítuloLos nuevos charlatanes

Lugar e ano de edición: Barcelona, 2009

Editorial: Crítica

Cómpre ter presente que o diccionario da Real Academia Galega define “feito” como aquilo que “pasou ou tivo lugar”. Parece unha acepción evidente pero aínda así, hai quen considera feitos reais calquera estrafalaria falacia. Por exemplo: disque o mesmísimo goberno dos EE UU perpetrou os atentados do 11-S para ter unha escusa e invadir Irak, seica existe unha relación entre o autismo infantil e a vacina contra e rubéola, o sarampelo e as papeiras; e un moi longo etcétera de teorías que abarcan dende a medicina alternativa ata o espiritismo e que atentan contra a evidencia dos sentidos.

Porén, o peor non é iso. O peor é que hai quen o cre cegamente. Pode que coñezas alguén que o crea, ou que ti mesm@ o fagas, e é que asistimos a unha imparable pandemia de credulidade. Paradoxicamente, en pleno século XXI, cando dispoñemos dunha metodoloxía científica herdada da Ilustración que permite establecer a veracidade ou falsidade de calquera afirmación, a opinión pública é máis vulnerable e maleable ca nunca.

Posiblemente o problema radique na esaxerada facilidade para difundir e acceder á información. Ou quizais resulte reconfortante crer que un vidente pode poñernos en contacto cos nosos seres queridos, ou que comer brécol protexe do cancro… Como diría Manuel Toharia: “sempre que haxa bobos, haberá enganabobos”.

Contra os gurús embaucadores que respaldan estas teorías, Damian Thompson ofrece nesta obra numerosos datos reveladores, fiábeis e contrastados que demolen estas crenzas. Trátase dun excelente traballo de documentación (aínda que denso para a lectura) non apto para os crédulos e testáns.

Pérez Capelo, María

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s