Ismael tamén era xornalista

Autor: Herman Melville

Título: Moby Dick

Lugar de edición: Madrid

Ano de edición: 1999

Editorial: UNIDAD EDITORIAL, S. A. y BIBLIOTEX, S. L

Tradución: José María Valverde

Fonte: Moby Dick or The White Whale

Publicado en 1851, Moby Dick narra unha historia de vinganza obsesiva. O capitán Ahab no seu barco baleeiro Pequod buscará e perseguirá, na súa derradeira travesía, a Moby Dick, a gran balea branca que lle arrancou unha das súas pernas ata o xeonllo.

http://www.youtube.com/watch?v=hOV6AJv9tLs

O narrador é Ismael, un mozo con experiencia na mariña mercante que decide que a súa seguinte viaxe será nun baleeiro. Para isto, debe enrolarse en Nantucket (Massachussets), illa de tradición baleeira e cuxos navíos son os máis experimentados e prestixiosos do mundo. No camiño crúzase con Queequeg, un arpoeiro polinesio co que entabla unha estreita amizade e co que compartirá a súa aventura a bordo do Pequod.

No Pequod viaxa unha tripulación conformada polas máis diversas personalidades e razas. Un total de trinta tripulantes, e trinta era o número exacto dos Estados Unidos cando Melville escribiu a novela, que veñen de orixes tan variadas como Chile, Francia, Islandia, Holanda, Malta, China, Dinamarca, India, Inglaterra, Tahití ou España, o que suxire que o Pequod é unha representación da humanidade na súa totalidade e, máis particularmente, da mestura de razas da poboación estadounidense.

A medida que avanza o relato, Ismael vai perdendo forza como personaxe protagonista e convértese nun narrador observador, a veces historiador, naturalista e mesmo poeta e filósofo; pois non se limita simplemente a describirlle ó lector o que acontece nesa viaxe do Pequod, senón que se preocupa de facerlle chegar absolutamente tódolos coñecementos, saber facer e habilidades que adquiriu el mesmo nesa experiencia baleeira.

Así pois Moby Dick non achega soamente vivencias sobre a pesca baleeira, é un texto híbrido que tamén aporta un tratado de cetoloxía e de navegación,unha descrición minuciosa da labor da caza da balea, un compendio dos aparellos e procedementos necesarios para a extracción, decantación e destilación do aceite da balea, un tratado da anatomía da balea ou mesmo os distintos tipos de graxa e aceite que se pode extraer de cada unha delas.

É por esta bondade descritiva do mínimo detalle, de afondamento e de investigación que, sumadas a un estilo atractivo que facilita a lectura e focaliza a atención do lector no fondo da obra que autores como Gay Talese sitúan a Herman Melville como un dos pais do Novo Xornalismo. Así, pódese afirmar sen lugar a dúbida que Moby Dick é unha reportaxe.

Melville deixa de escribir novelas de aventuras para trazar unha novela do profundo do seu ser, e é por isto que remata decepcionando ós lectores que esperaban del viaxes e exotismo. É por esta razón pola que a novela non gozou de éxito comercial na súa primeira publicación, aínda que, con posterioridade, serviu para cimentar a reputación do autor e situalo entre os mellores escritores estadounidenses. A frase inicial “Call me Ishmael(Chamádeme Ismael) converteuse nunha das citas máis coñecidas da literatura en lingua inglesa.

Sabela Cereijo Vázquez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s