Fan Novo Xornalismo, escriben rock’n’roll

Autor: Paul Scanlon

Título: Reportajes: El nuevo periodismo en Rolling Stone.

Lugar de edición: Barcelona

Ano de edición: 1979

Editorial: Anagrama

Tradución: J.M. Alvarez Flórez, Kosián Masoliver, Edgardo Entín e Jorge Berlanga

Fonte: Scanlon, Paul. Reporting: The Rolling Stone’s Style (1977). Anchor Press/Doubleday, New York.

Sabela Cereijo. Santiago de Compostela. 07/01/2012

Nada en 1967, os comezos da revista Rolling Stone centráronse exclusivamente na música rock. Ao pouco tempo, os seus escritores e colaboradores comezaron a escribir sobre temas que abranguían todos os ámbitos  da cultura popular, aínda que sen deixar de esquecer esa faceta musical.

Co motivo do décimo aniversario, en 1977 publicouse en Estados Unidos esta antoloxía de reportaxes, escollidos polo director da revista na época, Paul Scanlon. Cada unha destas reportaxes proponse un reto: cómo tratar a ampla información recollida na forma máis apta para obter un modo orixinal de expresión. O resultado serán uns textos exquisitos, que, seguindo as pautas do novo xornalismo, mesturarán realidade e ficción.

O resultado, previa introdución [1]de Scanlon, son un total de oito reportaxes que permitirán ao lector coñecer a algúns dos mellores escritores e xornalistas da época. Super rompecorazóns: a saga de Ike e Tina Turner, de Ben Fong-Torres; A furia do xefe Perkins, de Joe Eszterhas; O terrible poder da industria nuclear e cómo silenciou a Karen Silkword, de Howard Kohn; O milenio violeta ou os invertidos xa son adultos, de Tom Burne; Eclipse total, de Michael Rogers, O lado salvaxe do paraíso: ao ritmo dos cafres da rúa, os ratas mailo reggae, de Michael Thomas; Terror e horror na Super Bowl, de Hunter S. Thompson; e Non é Deus todo o que reloce ou o Watergate cósmico, de Timothy Ferris son un magnífico exemplo da mestría e calidade narrativa que inundaba as páxinas de Rolling Stone xa dende os seus comezos, así como do espírito innovador e transgresor que sempre caracterizou a esta publicación.

Con todo, na introdución, Scanlon manifesta que non hai “estilo Rolling Stone”, non hai unha forma común de escribir para os seus xornalistas, pero si unha actitude conxunta. Unha actitude que pasa por unha profunda investigación, asentada tanto en traballo de campo, no lugar dos feitos, como en documentación previa, sumada a un ton desenfadado e fluído e a tranquilidade de saber que o medio para o que escriben lles proporcionará os medios, tempo e espazo que os seus escritores precisen. Algúns dos traballos incluídos nesta antoloxía son estilisticamente audaces, outros consisten basicamente en xornalismo de información, convencional e directo. Pero todos son, á súa maneira, únicos. Así, Scanlon remata por postular que o “estilo Rolling Stone” non é nin máis nin menos que a suma das súas partes.

“Os artigos incluídos neste libro son diversos en canto a tema, pero teñen todos unha cousa en común: representar cada un un problema que o escritor houbo de resolver, ben a recompilación de material, ben a estrutura deste; o abordar e narrar un acontecemento tal e como se presenta ou o de intentar interpretalo. E ata que grado interpretalo. Non hai nada insólito nestes plantexamentos. Todo xornalista, sexa cal sexa a publicación para a que escriba, enfróntase a dilemas similares. O que quizais sexa único, se un quere experimentar (sen esquecer os principios básicos), se un quere arriscar unhas cantas innovacións, son as solucións.”

Paul Scanlon

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s