¡Indignaos!

ImageTítulo: ¡Indignaos!
Autores: Stéphane Hessel
Editorial: Destino
Lugar de edición: Barcelona
Ano de edición: 2011

 

Stéphane Hessel é o único supervivente do equipo redactor da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Unha figura histórica do fenómeno indignado, tan de actualidade. Neste libro trata de concienciar á sociedade, e particularmente á xuventude, da importancia de erguerse e facerse oír ante a pesimista actualidade na que se encontramos debido á crise mundial. ¡Indignaos! foi best seller en Francia, causando grande impacto mediático por mor do controvertido contido do libro, pois  toca moitos dos ámbitos tabús do mundo actual (a cuestionábel actitude da Banca e da clase política, o futuro do Estado de benestar…). E sobre todo, o autor, asumindo a súa condición de historia viva do movemento cidadán, trata de disipar a confusión da sociedade perante o difícil momento que estamos a vivir e intenta actuar como guía para todo aquel que non saiba que facer ou como actuar en resposta ao que os dirixentes das nacións están a facer connosco.

Hessel fai fincapé na dificultade de darse conta dos problemas latentes hoxe en día no mundo occidental, xa que a priori non ocorre nada. Tan só nos atopamos ante unha pequena recesión na economía, nada máis, ou si? Na súa época, di o autor, os motivos da indignación eran moito máis visíbeis. Os nazis invadiran Francia, era levantarse ou morrer. Hoxe en día vivimos nun contexto moi distinto, por iso Hessel incide tamén moito na importancia do movemento pacífico, calificando sempre a violencia como un término negativo (Hay que comprender la violencia como una lamentable conclusión de situaciones inaceptables para aquellos que las sufren. Estoy convencido de que el porvenir pertenece a la no vioencia, a la conciliación de las diferentes culturas.).

O escenario da crise sigue presente, mais os verdadeiros culpábeis xa salvaron o obstáculo e proseguen a súa vida coma sempre, sen grandes perdas. Hessel está a falar dos financeiros, culpábeis indiscutíbeis da crise. Non obstante, as vítimas non recuperamos aínda o noso traballo ou o noso nivel de ingresos. Podemos ver que, a pesares de ser froito do traballo, a riqueza está cada vez máis desigualmente repartida. Isto non debería ser así, unha verdadeira democracia económica e social debería primar o interese social sobre o particular, di o autor. Tamén sinala a importancia dunha prensa independente, dos medios de comunicación independentes do Estado, para unha sociedade sa e na procura dunha libre opinión pública.

Os recortes sociais son o máis claro motivo de indignación. Os órganos de poder tratan de xustificalos dicindo que non se poden garantir os custos das medidas cidadás. Como é posíbel que non haxa suficiente diñeiro para manter e prolongar as conquistas do Estado de benestar, cando a produción de riqueza aumentou tanto dende a Liberación, un período no que Europa estaba na ruína? O autor tamén nos di que nunca fora tan acentuada a distancia entre os máis ricos e os máis pobres, nin tan alentada a competitividade e a carreira polo diñeiro. Ante isto, Hessel califica a indiferencia como a peor das actitudes que un cidadán pode ter.

“Crear es resistir, resistir es crear” é un dos lemas do libro, que o autor quere inculcarlle á adurmiñada sociedade actual. Sobre todo a unha xuventude moi distinta da que Hessel formou parte, para non perder todo o conseguido por indignados e resistentes coma el, e que hoxe ve tan en perigo.

 

Roi Ferro Falcón

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s