Para ver mellor hai que sacar os lentes

ImageAutor: Ryszard Kapuscinski

Título: Los cínicos no sirven para este oficio

Lugar de edición: Barcelona

Ano de edición: 2005

Editorial: Anagrama

 

As facilidades que as tecnoloxías ofrecen ás redaccións xunto co afán lucrativo dos grandes grupos de comunicación fan do xornalista un ser mecánico ao que non lle queda marxe para a investigación, polo menos na súa xornada laboral. Isto tradúcese finalmente nun esquecemento das fontes reais dos acontecementos.

Na sociedade actual, na que as tecnoloxías da información e da comunicación están presentes na maior parte do mundo, estar en contacto con calquera parte do planeta é algo que está ó alcance de calquera persoa, incluídos os xornalistas. Pero o caso é que moitas veces estas ferramentas que están deseñadas para nos achegar aos feitos que poidan acontecer lonxe de nós, son as que máis nos afastan deles. Estamos cómodos na nosa cadeira, aínda que non sexa moi ergonómica, cos nosos lentes, non para ler ou escribir senón eses lentes protectores que utilizan os profesionais do metal, completamente opacos, que nos impiden mergullarnos na verdadeira realidade. Conformámonos con adaptar os comunicados que as axencias de prensa e os gabinetes de comunicación envían ás redaccións. Incluso, na maioría dos casos, aínda desprazándonos ao lugar da noticia, adoitamos escoitar e ler só as fontes oficiais dos gobernos, forzas de seguridade, ONGs, etc., porque no lo dan todo practicamente feito e deste xeito podemos producir moito máis, que é o que importa. É o que lles importa aos directivos dos medios informativos que, en moitos dos casos, non son xornalistas e, polo tanto, para eles a información é tan só un negocio máis.

De todas as maneiras, esta non é só unha circunstancia relacionada co xornalismo internacional senón que, e isto é o máis alarmante da situación, tamén afecta ao xornalismo local. É algo grave e, en certa medida, inexplicable porque neste caso temos as fontes primarias ao noso carón, cruzámonos todos os días con elas na rúa, tomamos o café xuntos, compartimos o autobús e en cambio, non as temos en conta para contar a realidade da cal son protagonistas e testemuñas. O ideal sería escoitar esas fontes, miralas aos ollos, sen os nosos lentes protectores. Pero o certo é que o que acostumamos a mirar é a caixa de entrada do noso correo electrónico e, de cando en vez, se nos faltan contidos, imos ver tamén a caixa do “spam”, por se foi caer alí por erro algún comunicado oficial. 

 

España Faqué, José Antonio.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s