¿Qué é un tolo?

ImageTítulo: Veronika decide morrer

Autor: Paulo Coelho

Editorial: Galaxia

Ano de edición: 2000

Lugar de edición: Barcelona, España

 

Paulo Coelho naceu no 1947 en Río de Janeiro. Iniciouse no mundo das letras como autor teatral. Despois de traballar como letrista para os grandes nomes da canción popular brasileira, dedicouse ao xornalismo e a escribir guións para a televisión. Todas estas facetas do artista levárono a escribir da maneira que hoxe o fai: case todas as súas obras están cheas de leccións morais e sentimentalismo.
Dende a publicación dos seus primeiros libros, o autor brasileiro consagrouse como un dos máis vendidos na actualidade. As súas obras foron traducidas en máis de corenta idiomas e vendidas en máis de cen países.  Veronika decide morrer, é o título da obra en galego. Dita obra foi levada ao cine, no ano 2009, en Estados Unidos, baixo o título: Veronika decides to die.

Neste best seller, narrado dende a experiencia persoal, o autor quixo tratar un tema moi pouco coñecido pola sociedade: a loucura. O propio Coelho intégrase como un personaxe máis da obra, de pouca relevancia dentro dela. Coñece a Veronika e conta a súa propia experiencia cos manicomios. Case toda a novela transcorre nun sanatorio de Liubliana, Eslovenia.  Veronika é a protagonista, ten soños e desexos parecidos ós de calquera rapaza da súa idade. Aparentemente, Veronika ten todo o que lle é necesario a calquera persoa para ser feliz, pero ela non o é; sente que lle falta algo que dea vida a súa existencia. Por ese motivo, un día decide morrer. Así comeza a novela, co intento de suicidio de Veronika, que toma unha gran cantidade de pastillas.

Pero a obra non só se centra no caso desta rapaza que, despois de fracasar no seu intento de suicidio, acaba nun sanatorio. Ese sanatorio é o tema central do libro, xa que nel se concentran persoas marxinadas pola sociedade: ao non seguir o camiño do que se considera normal, séntense obrigados a encontrar un novo camiño, xa que quen pretende escapar dunha vida monótona e intenta cumprir os seus soños xeralmente é considerado un tolo, e quen acepta semellante imposición e fai o que lle recomenda a maioría son considerados como xente normal. Este é un tema moi explotado polo autor neste libro, ademais da idea de loucura. Máis de unha vez aparece a pregunta: ¿Qué é un tolo?. Paulo Coelho inténtanos facer reflexionar sobre iso ata que finalmente conclúe en que: “A loucura é a incapacidade para comunicar as túas ideas”, e “todos nós, dun xeito ou outro, estamos tolos”.

Esquizofrenia, Depresión, Pánico, Amargura … Son algunhas das enfermidades centrais da obra. O autor explícaas contando un caso concreto. Mentres Veronika vai coñecendo a distintas persoas do sanatorio, estas contan a súa historia e o motivo polo cal están internas. É unha maneira de relacionar os personaxes da obra coa realidade, posto que ditas enfermidades existen verdadeiramente e os danos que causan na historia son certos na vida real. Gracias a Veronika, personaxe principal e protagonista da obra, e a súa historia, os diferentes personaxes secundarios vanse liberando das súas enfermidades. O feito de que unha moza decida matarse porque non lle encontra sentido a vida e posteriormente, tras o seu fracaso, e gracias á axuda de un esquizofrénico, decida vivir, fixo que as poucas persoas do seu redor se desen conta de que elas tiñan posibilidades de facelo mesmo e estaban desperdiciándoas. 

Sen embargo, ademais de invitarnos a reflexión sobre a vida, Paulo Coelho fai unha crítica ao persoal médico, en concreto, aos psiquiatras. Faino a través do personaxe do doutor Igor, posto que intenta encontrar una cura para a enfermidade da Amargura e utiliza a Veronika como cabeza de turco sen que nadie o saiba. Tamén utiliza técnicas prohibidas no país onde vive, como é o que el chama TEC, que consiste na utilización de descargas eléctricas que provocan a perda da memoria para que os pacientes que se axitan por algo olviden o motivo que os empurrou a tal comportamento.

Esta obra é considerada pola crítica como unha das mellores do brasileiro, así como unha autoaxuda ás persoas marxinadas pola sociedade e un convite ao replantexamento da existencia para as persoas consideradas “normais”.

 

 

 

Raquel Castro Rodríguez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s