Unha maneira de achegarse á relidade de Oriente Próximo

ImageTítulo: Irak, Afganistán e Irán, 40 respuestas al conflicto en Oriente Próximo

Autor: Nazanín Amirian e Martha Zein

Lugar e data de publicación: Madrid, 2007

Editorial: Desórdenes biblioteca ensayo Colección: Lengua de Trapo

 

 

 


Gustárame tanto aquel libro de Anna Tortajada chamado El grito silenciado que era xa unha necesidade seguir lendo sobre Afganistán. Ese libro abriu en min as ansias por coñecer todo sobre aquel lugar. Necesitaba saber o por qué daquel país que non respectaba ao ser humana, non só a muller. Aquel lugar estaba dominado polos talibáns e este era un dos motivos polos que aquelas xente non sabían o que era a vida realmente.

ImageCon estas sensacións comecei a ler Irak, Afganistán e Irán. 40 respostas al conflito en Oriente Próximo a pesar de que eu só buscaba un libro que me explicase o caso de Afganistán. É realmente complicado atopar un libro que explique a situación afgá sen nomear aos países veciños e a EEUU, ademais de outras potencias occidentais. O diñeiro e o poder que desexaba EEUU fíxolle a este expandir a súa violencia cara outros lugares entre eles Afganistán.

A pesar de que Afganistán, un dos países máis pobres do mundo,  non tiña o petróleo que lle daría o liderazgo a EEUU era un bo lugar para axudar a transportalo, era un lugar estratéxico máis que rico en sí. Para o presidente Bush e para os seus as xentes eran o de menos o importante eran os cartos que poderían converter ao seu país nun superpotencia mundial. Aquí tamén cabe falar doutro dos motivos polos que tivo lugar esta mestura de dor, de traizón, de guerra…: EEUU estaba ao servizo de Israel cunha única finalidade: continuar coa súa hexemonía.

Este libro permítenos achegarnos á realidade dunha maneira moi diferente a como fan os libros de historia. As cifras e os datos que nos mostra o texto son un atractivo que nos fan reflexionar sobre as traxedias que provoca certo país para conseguir un beneficio económico e unha posición recoñecible entre os demais lugares. Nazanín Amirian ( de orixe irano)  e Martha Zein achégannos a través do seu relato a Guerra do Golfo, a desintegración da URSS, a guerra que enfrontou aos países árabes, o mesmo atentado do 11 de Setembro de 2002. Explícanos detalles que non saíron en prensa porque nalgúns casos o silencio tamén era recompensado.

A pesar de que no ano 1988 a URSS, EEUU, Pakistán e Afganistán asinaron un acordo polo que os Imagesoviéticos se comprometían a retirar as súas tropas (acordo que se consolidou un ano despois) no ano 1996 os islamistas extremistas talibáns tomaron o poder.

Para finalizar gustaríame dicir que este tema continuamente conmovendo xa que frases coma estas non son doadas de esquecer:

“Con la excusa de liberar ‘Afganistán de los bárbaros talibanes’, los estadounidenses y aliados invadieron las infraestructuras que las armas no habían logrado destruir, desde los depósitos de agua a las pocas centrales eléctricas que había. Bombardearon elementos tan poco agresivos como cultivos y el ganado, lo que provocó una catástrofe humana aún mayor. Durante el 2002 UNICEF calculaba que el frío invierno, el hambre y las enfermedades causadas por la desnutrición, podría provocar la muerte de hasta 100000 niños. A las decenas de miles de civiles muertos que habían caído bajo los bombardeos directos, se sumaba este segundo círculo de víctimas inocentes capaces de atraer la atención de los organismos internacionales en razón de su edad. Al margen de cualquier contabilidad quedarían aquellos miles de seres anónimos que podrían haber muerto sencillamente porque les resultaba imposible acceder a los alimentos: las bombas habían llegado a destruír las vías rudimentarias que unían sus aldeas en las montañas con los centros donde podían abastecerse.”

Lara Lozano Aguiar

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s