“Unha obra de formación básica”

ImageTítulo: The Canterbury Tales

Autor: Geoffrey Chaucer

Editorial: Oxford

Ano publicación: 2011 (1º edición 1986)

 

Un taberneiro propón a un grupo de peregrinos, que cean na súa pousada, de camiño á tumba de San Tomás Beckett en Canterbury un concurso de contos. Cada peregrino terá que contar dúas historias de camiño a Canterbury e outras dúas volvendo cara a pousada mentres que o taberneiro será o xuíz e árbitro da competición.

Geoffrey Chaucer planeaba recoller 120 historias nos “Canterbury Tales”, catro por cada un dos trinta personaxes. Mais, aínda que estivo dez anos traballando na obra morreu sen completala, polo que só conta con 24 contos.

 

Un dos elementos de maior interese nos “Contos de Canterbury” é a existencia de múltiples narradores, individuos de diversas profesións e estratos sociais, o que aporta unha visión completa da vida da época.

A multiplicidade de narradores non se ve só nas diferentes historias senón tamén na maneira na que Chaucer aparece entre as páxinas da súa obra. Nos “Canterbury Tales” hai tres Chaucer: o Chaucer autor-real, o Chaucer autor textual e o Chaucer personaxe-narrador. O Chaucer personaxe-narrador aparece como un narrador inxenuo que se limita a transparentar o que ve sen decatarse, aparentemente, das implicacións. Conta todo o que ve concedéndolle ao lector unha postura privilexiada de superioridade no sentido que lle vai facer percibir matices, dándolle forma á sátira que caracteriza a obra.Image

A sátira franca e directa fai dos Contos de Canterbury unha lectura amena que xustifica a súa popularidade xa na época da súa primeira edición, na que chegou a haber seis edicións.

 

A regularidade nos versos dos que se compón a obra pode resultar monótona polo que inclúe irregularidades rítmicas co fin de provocar efectos cómicos, resaltar o humor ou a ironía para chamar a atención sobre determinados términos indicadores de sentimento e como unha chamada de atención cara o lector.

 

Os “Canterbury Tales”, unha das obras de referencia da literatura inglesa e mundial escrita no século XIV, é unha lectura que debería ser considerada de “formación básica” para todo estudante.

 

 

 

María Bragado Paz

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s