“O misterioso engado da máscara pode con todo”

Título: O entroido galego

Autor: Federico Cocho de Juan
Ano edición: 1998
Lugar edición: Galicia
Editorial: A nosa terra


Breve pero gran obra sobre unha das festividades máis ancestrais do mundo. Fai unha recompilación dos Entroidos máis importantes de Galicia, centrado sobre todo na provincia de Ourense, onde destaca esta festa.

Cunha linguaxe sinxela e clara, o autor repasa cada un dos detalles que fan inigualable unha festividade  na que todos son iguais e na que as persoas se achegan coma nunca.

Acompañado de fotografías, o texto que atopamos fai un repaso sobre os Entroidos de Viana do Bolo, Verín, Laza, Xinzo de Limia, Chantada ou Allariz, xustificando en todo momento as orixes e o significado de tal celebración.

Explica brevemente os calendarios de cada un dos lugares que o celebran, tendo como o máis importante a Xinzo de Limia, o Entroido máis longo de toda Galicia, celebrado durante nove días, fronte aos 8 días de Verín.

Fai un entendemento sobre a súa complexidade, así como sobre os elementos e formas de expresión que caracterizan tanto o Carnaval rural como o urbano.

Por último fai un repaso polas comparsas, comitivas e folións que se levan a cabo nestas datas, correspondentes co tempo litúrxico da Coresma.

Por último, unha cita textual do libro “O Carnaval, o Entroido é a gran festa de festas, todo un compendio de creativa espontaneidade, por unha banda, e de repetición de seculares rituais por outra”.

María Dapía

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s