Unhas vacacións en Nova Iorque

ImageTítulo: Cruceiro de Verán

Autor: Truman Capote

Año de edición: 2006 (aínda que escrita no 1943)

Lugar de edición: Vigo

Editorial: Galaxia

 

Truman Capote foi un autor americano destacado dentro da tendencia do Xornalismo Literario aínda que tamén é enmarcado dentro do movemento do Xornalismo de Investiagación debido a súa novela “A sangue frío”.

 

Cruceiro de Verán é unha novela escrita no ano 43 aínda que publicada no ano 2004 tras o seu pasamento.

Nela, descríbese a Nova Iorque de despois da 2ª guerra mundial e cóntase a historia de Grady, unha rapariga de 17 anos dunha familia acomodada que queda sóa en Manhattan a pasar o verán por primeira vez na súa vida mentres a súa familia está de cruceiro.

Image

Durante ese verán ela namórase dun rapaz xudeo que traballa nun garaxe e é de clase baixa, cousa que vai limitar a súa relación ata chegar a un tráxico final por mor da súa diferenza de clase social.

 

Persoalmente quedei bastante decepcionado con este libro. Non me gustou a forma de narrar os feitos nin o cambio de situacións duns capítulos a outros que facía que o lector estivese perdido na trama.

Non conseguiu atraparme coma lector, quizá pola longa variedade de personaxes secundarias que fai que un se perda e xa non se sepa de quen está a falar.

 

Alberto Rivera

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s