A boa escritura é sinxela; a mala é simple”

Autor: José R. Vilamor

Título: Como escribir en Internet

Lugar de edición: Madrid

Ano de edición: 2001

Editorial: Universitas

 Os usuarios de Internet non adoitan empregar moito tempo en ler, ver ou escoitar os contidos, por moito que estes sexan do seu interese. O que lle interesa ao público da rede é atopar unha resposta ás súas inquedanzas, sen voltas nin adornos lingüísticos en exceso. Pero tampouco é cousa de caer na vulgaridade propia, sobre todo, dos “intrusos” que non contan coa preparación axeitada para transmitirlle os acontecementos ao resto do mundo.

Unha das características dos medios dixitais é a rapidez. Os contidos actualízanse case en tempo real e iso é precisamente o que a xente busca cando se conecta á rede. Entón, caeriamos nunha contradición se lle ofrecésemos textos longos e repletos de palabras rebuscadas. O que unha redacción complicada consegue é confundir aos usuarios e facerlles perder o tempo que non teñen. É importante ter en conta que o xornalista non é o protagonista, ou non debería selo, dos seus artigos. Polo tanto, os textos xornalísticos non son os máis axeitados para lucirse como artistas literarios senón como informadores. Isto é válido para o xornalismo impreso e, por suposto, tamén para o dixital.

Con todo, así como é recomendable rexeitar unha redacción complexa, tamén cómpre facer o mesmo coa escritura simple. Os profesionais da información, e tamén os da comunicación, teñen unha función normalizadora da lingua. Isto implica que debe coñecer ben a gramática, a ortografía e o léxico da lingua na que se expresa e, evidentemente, aplicar eses coñecementos no seu traballo. O habitual é que a utilización dunha linguaxe pobre acabe provocando unha perda de credibilidade.

Moitas veces vincúlase a vulgaridade a un sector que cada vez preocupa máis e en maior medida en Internet: os chamados “intrusos”. Na rede é difícil de coñecer quen conta cunha titulación como xornalista e quen carece dela. De todos os xeitos, a carencia de formación vaise notar na calidade dos traballos e os usuarios acabarán por valoralo. Aínda así, hai quen, sen seren xornalistas, son expertos en certos temas e poden comunicar os seus coñecementos de xeito correcto. Por outra banda, a titulación non sempre é unha garantía de calidade. Hai un dito popular que di <<pasou pola universidade pero a universidade non pasou por el>> e que se pode aplicar nalgúns casos de xornalistas que, logo de rematar a súa carreira, esqueceron moito do que se supón que aprenderon na facultade.

 J. A. España

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s