A sangre fría

Título: A sangre fría
Autor: Truman Capote
Año de edición: 2008
Lugar de edición: Barcelona
Editorial: Anagrama

A sangre fría? aínda pertencendo ao xénero da literatura e estando escrita en estilo literario, reflexa a realidade dos feitos ata o máis mínimo detalle. Aínda non tendo notas a pé de páxina, pode remitirnos a fontes incuestionables en cada unha das súas observacións e cada un dos seus pensamentos.

A obre comeza coa descrición dun pobo no que se vai cometer un crime.  O autor reconstrúe o suceso dende o día previo e as vidas das persoas que foron asesinadas dentro dunha familia de granxeiros acomodada pero respetada no pobo por seren traballadores e xenerosos, os Clutter. Todo o pobo quedou moi conmocionado coa nova das mortes de Hubert, Bonnie, Kenyon e Nancy Clutter, xa que non existía razón algunha para que ninguén do pobo cometese tal atrocidade. Ao final, todo o estado fíxose eco da noticia e os xornalistas comezaron a aparecer polo pobo. O misterio que envolvía o caso fixo que a policía doutros estados tamén axudase na investigación. Capote vai relatando de forma paralela a vida dos asasinos, como realizan os preparativos para ir a Holcomb na procura dunha caixa forte que nin comprobaran se existía.

O crime era perfecto, excepto pola aparición en escea dun compañeiro de celda no cárcere de Dick (o cerebro dos asasinatos). Este preso contáralle o de que existía unha familia en Kansas moi rica para a que el traballara, que gardaba unha caixa forte na súa granxa. A partir de entón, Dick comenzouse a preocupar por como era a casa: distribución das habitacións, se tiñan tal caixa forte…Cometendo o erro de relatarlle a este preso que ao saír pensaba dar un golpe na casa dos Clutter, levando con el a outro preso que coñecera, Perry, para eliminar testigos en caso de que existiran.

Este preso ao que Dick lle narrou as súas intencións foi clave para que a policía puidese seguir as pistas de Dick e Perry, que xa soaban coma os principais sospeitosos. Ao final, con toda a información recadada, a policía conseguiu deter aos sospeitosos na cidade de Las Vegas. Os asasinos confesaron o delito, contando paso a paso a forma en que o planearan, onde esconderan as probas e incluso como o levaran a cabo: a forma en que os asesinaron, atándoos un por un e pegándolles un tiro por non descubriren onde se atopaba a caixa forte. Os presos son condenados á forca e despois de moitos intentos de apelacións e de alegacións, foron executados.

Ao final da lectura desta novela, queda moi patente a magnifica combinación que fai Capote entre xornalismo e literatura. O autor tamén consigue que o lector sinta emoción (neste caso pena) polos asasinados, pero que á vez coñecas os antecedentes dos criminais, que tras sufrir unha dura infancia perden os valores por completo, vítimas dunha sociedade inxusta que a única saída que lles deixa é a vinganza.

O seguinte hipervínculo (http://www.youtube.com/watch?v=4oHqU5g7Rq8) enlázanos cun fragmento da película “A sangre fría”, dirixida por Richard Brooks en 1967 e baseada na novela de Truman Capote do mesmo nome.

Sergio Casal Figueroa

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s