Condicións de traballo e opinións dos xornalistas galegos

Titulo: Da teoría á práctica: perfil do periodista galego
Autor: Miguel Túñez
Lugar de edición: Santiago de Compostela
Año de edición: 1995
Editorial: LEA Edicións

Tras un seminario na Facultade de Ciencias da Información chamado “Xornalistas: da teoría á práctica” o profesor Miguel Túñez decidiu investigar un pouco máis e sondear aos xornalistas galegos sobre as súas condicións de traballo e a súa opinión sobre a situación do xornalismo no momento. Cabe destacar que este estudo levouse a cabo en 1995 realizando 300 entrevistas entre xornalistas dos principais medios galegos do momento dos tres eidos xornalísticos, tanto do campo escrito, coma da radio e da televisión.

A pesar de ser realizado este estudo hai dezasete anos podemos considerar moitas das respostas obtidas como se fosen feitas hoxe en día.

Naquel momento máis da metade dos xornalistas traballaba en prensa. Hoxe en día este dato sería distinto xa que unha porcentaxe dos xornalistas galegos traballa tamén en medios dixitais.

Cabe destacar tamén que no ano 1995 saíu da facultade a primeira promoción de xornalismo da Universidade de Santiago, polo tanto ningún dos xornalistas que aparecen no estudo estudaron na universidade galega.

O perfil, naquel momento do xornalista galego era un home, entre 26 e 35 anos, solteiro, sen fillos, de clase media e que non estaba licenciado en Ciencias da Información.

Destaca que para os xornalistas galegos os medios galegos en xeral teñen pouca credibilidade. Sobre 10, a CRTVG en credibilidade recibe a penas un 3,59 en televisión e un 3,58 a Radio Galega. Recordamos que neses momentos a maioría absoluta de Fraga era aplastante polo que tiña o total dominio dos medios públicos.

En obxectividade por desgraza os resultados son os mesmos.

Neste libro tamén se fala dun estudo do Centro de Investigacións Sociolóxicas onde se fai unha comprobación da valoración dos diferentes gremios de traballadores pola sociedade. Destaca o ascenso da consideración dos xornalistas entre a sociedade onde pasa de ser dos peores considerados a case os mellor considerados, ao longo dos anos 80.

Xa naquel ano comezaba a ter cabida nos ruxe ruxe un dos males endémicos do xornalismo de hoxe en día, que é o copia e pega existente entre os comunicados de prensa das institucións e as noticias de axencia. Ese problema neste estudo destacaba sobre todo na radio, onde según os xornalistas a metade das informacións eran extraídas directamente dos comunicados e teletipos, sin ser comprobada a súa veracidade. Hoxe en día –na miña opinión- este problema está moito máis extendido. Outro problema amosado no libro, en relación con anterior é que só o 13% dos xornalistas contrasta sempre con outras fontes as informacións obtidas a partir de comunicados de prensa.

A sobreexplotación é outro dos males do xornalismo, xa que neste estudo, máis da metade dos xornalistas asegura que ten que elaborar máis de cinco informacións cada día, o que inflúe na calidade das informacións.

Hoxe en día unha das principais queixas do xornalismo é que está moi mal pagado, non parecía a mediados dos noventa que fose un dos problemas máis graves. Tan só o 17% cobraba menos de 100.000 pesetas daquela, o que poderíamos considerar un soldo normal, equiparable ao chamado “mileurismo” de hoxe en día. Aínda así tan só a metade dos xornalistas estaba satisfeito ou moi satisfeito coa súa renumeración económica.

Por sorte no xornalismo, según se comproba neste estudo non existía discriminación ningunha por sexo, moi á orde do día en outros gremios profesionais. Aínda que si que existe unha pequena queixa no referente aos soldos, onde si que se cree que existe unha pequena discriminación por sexo.

Por último para este libro, Miguel Túñez pídelle aos xornalistas que den a súa opinión sobre si apoiaría a cración do Colexio de Xornalistas de Galicia, que hoxe en día por sorte xa existe, pero naquela época estaba en discusión sobre si debería crearse ou non.

Alberto Rivera

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s