Experiencias vitais

ImageTítulo: Aquí Bagdad : crónica de una guerra

Autora: Olga Rodríguez

Lugar de edición: Madrid

Ano de edición: 2004

Editorial: Velecío editores

 

Din que hai experiencias que marcan para toda a vida.

Iso debeu pensar Olga Rodríguez cando decidiu escribir Aquí Bagdad: crónica de una guerra. A xornalista da Cadena Ser viviu en primeira persoa o sufrimento dun pobo, e decidiu contalo. O mesmo fixera uns meses antes, mais daquela a decisión fora moito máis difícil.

Durante os máis de cen días que Olga estivo en Bagdad, foron innumerables as ocasións nas que, xa fora dende o Goberno de Iraq, dende a Embaixada de España en Bagdad ou dende a dirección da emisora na que traballaba, lle recomendaron marchar da cidade, e, por extensión, do país. Ammán era o refuxio no que centos de xornalistas atopaban acubillo para escapar das bombas que caían sobre a veciña Iraq. A solución fácil era esa, escapar, e, tal e como relata Olga no seu libro, moitos dos compañeiros que tivera na súa estancia na capital iraquí optaran por esa vía. Mais ela non. Malia a súa xuventude, a súa pouca experiencia ou incluso malia o feito de ser muller –circunstancia que no Iraq do 2003 dificultaba moito o desenvolvemento da nosa profesión-, a reporteira de guerra quedou para poder ser chamada así; para poder ser chamada reporteira de guerra.

 

Image 

 

 

 

 

 

Se a Guerra do Golfo disque foi o primeiro conflito mediático, a de Iraq pode que fose o último xornalístico.  E é que, tal e como nos conta Olga, o Hotel Palestina estaba cheo de falsos periodistas. Así, e aínda que dun xeito secundario, a denuncia da pouca profesionalidade dos correspondentes bélicos de hoxe en día é un dos motivos polos que Olga tomou a súa xa célebre decisión -a segunda, ou, mellor dito, a décimo oitava-. O labor que desenvolvían estes informadores só se pode definir cunha palabra, aínda que sexa politicamente incorrecta: postureo. Efectivamente, a autora da obra cóntanos como algúns xornalistas –especialmente os estadounidenses- non saían do hotel, e limitábanse a recitar ,cun fondo de Bagdad en ruínas, os teletipos que lles mandaban dende Madrid, Londres ou Washington. Fronte a eles, xente coma Olga ía  -aínda co risco de xogarse a vida- recollendo experiencias como as que despois lle valerían para escribir este libro. Experiencias que amosan o que, lonxe dos focos e das cámaras, ocorreu realmente aquel inverno de 2003 en Iraq.

Deste xeito, o libro consiste nunha gran crónica na que -cunha liña temporal moi marcada- a xornalista da Cadena Ser vai narrando todo o que aconteceu entorno a ela durante a guerra e os momentos previos e posteriores. Ou o que é o mesmo, todo o que lle aconteceu a ela. Porque Olga tamén foi protagonista dos acontecementos e estaba onde tiña que estar un bo correspondente de guerra: participando da noticia, e non fuxindo dela. Estamos a falar das intrahistorias dos conflitos, das vivencias que, lonxe de datos fríos e imaxes espectaculares, protagonizan miles e miles de persoas anónimas que sofren as consecuencias dos problemas que non crearon. Todo isto permanecería no esquecemento se non existisen xornalistas comprometidos  -e xa non cunha determinada ideoloxía, senón coa información- coma Olga. Ou coma Ferdinando. Ou coma Jon Sistiaga. Ou coma Julio Anguita Parrado. Ou coma José Couso. Porque xente coma esta ten –ou, desgraciademente, tivo- experiencias nas guerras que marcaron a súa vida. Gracias a eles, outros temos libros que marcan a nosa. Coma este. Libros que nos incitan a ter as nosas propias experiencias. O fin e ó cabo, a cuestión é non rachar a cadea…

 

Marcos Fernández Lema

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s