Recordos vivos de alén mar

Título: Crónicas galegas de América (Rolda segunda)

Autor: Xosé Neira Vilas

Editorial: Edicios do Castro

Lugar e ano de edición: A Coruña, 2000.

 “O mundo da emigración galega é moi ancho. E escasamente coñecido. Este cronista asumiu coma un deber a tarefa de ir revelando feitos e condutas, nomes e andainas que nos achegan a ese anaco de nós mesmos, do noso pobo, da nosa nación dispersa”.

Neira Vilas, Xosé. Crónicas galegas de América (2000,páx.8)

Unha nación dispersa na que Neira Vilas loita contra a desmemoria. Unha recompilación de 75 crónicas publicadas en El Correo Gallego nas que coñecemos a nosa realidade de alén mar a través dos seus recordos, acompañados na maioría das veces pola súa compañeira Anisia Miranda.

Nun formato moi breve no que o texto non excede as dúas páxinas e que vai sempre acompañado dun elemento ilustrativo (debuxos, fotografías, páxinas de xornais…), Neira Vilas consegue condensar vidas e historias íntegras.

Os protagonistas destas páxinas son galegos e galegas cunha función vital clara e determinada, que contribuíu a que medrásemos como pobo. Entre eles están os intelectuais e artistas máis coñecidos, dende Castelao, Luís Seoane, Lorenzo Varela… a outros menos nomeados nos libros de texto e tamén grandes emprendedores, como Manuel Galán Marcos, posuidor dun grande terreo dedicado á explotación cafeeira ao que lle puxo o topónimo de Galicia.

Asemade, asistimos a importantes acontecementos, como a creación da revista Vieiros, á historia do Teatro Tacón, á I Exposición do xornalismo galego en Arxentina ou á fundación e crecemento da Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia das Ciencias de Cuba, na que o autor desenvolveu un importante traballo.

O estilo dos seus textos  é sinxelo. De oracións curtas, espidas e de lectura rápida.  Valiosas píldoras de información adaptadas ós nosos días apresurados. Recordos vivos que fan sobrevivir as nosas historias.

 

M.Cruz Negreira Rey

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s