“De la Guerra” de Sofía Casanova

Título: De La Guerra: Crónicas de Polonia y Rusia.

Autora: Sofía Casanova

Lugar de Edición: Madrid

Ano de edición: 1916

Editorial: Renacimiento


Nesta obra Sofía conta todo o sufrimento que viu e tódalas barbaries que tivo que soportar sendo colaboradora nas hermanitas da caridade da cruz vermella de Polonia como enfermeira. No principio estivo destinada en Varsovia, a capital, e máis adiante , cando a capital é ocupada polo exército Nazi viviu un tempo no gueto e finalmente é trasladada á rexión de Galitzia, rexión de Centro-Europa Oriental.

Os capítulos desta obra están estruturados en diversas cartas que ela escribía ao xornal ABC, xornal no que traballaba nese tempo. Como estrutura do contido deste libro, habería que destacar que ao principio conta como o país é invadido progresivamente dende o sur cara ao norte : “la devastación de esas provincias es completa y como las restantes ocupadas fueron también brevemente, o alimentaron a los pasajeros ejércitos de Atila, puede decirse exactamente que la Polonia rusa es la Bélgica del norte”. Neste parágrafo pódese apreciar a exactitude coa que facía as descripcións e a facilidade de literatura que tiña á hora de contar as cousas.

As cartas vanse sucedendo e continuamente vemos que polas súas mans, nas salas de cura, nos quirófanos, van pasando numerosas persoas, tanto dun bando do coma o do outro. Un dato moi destacable é o interrogatorio que lle fai a un ferido que está preso no hospital: “En la sala de los prisioneros entró uno, le interrogué, era polaco, de Silesia (Prusia), le interrogué (…) me habló de su mujer, sus hijos y de cómo había acabado prisionero. É destacable que na carta, en vez de introducir a entrevista co formato pregunta, resposta, fai unha versión máis crónica, contando todo o que acontece, no contexto no que se atopan, a imaxe que lle provoca o ferido etc.

Sofía continuamente facíalles entrevistasm, ou “interrogaba” como denomina ela nas cartas, aos prisioneiros e feridos que chegaban ao hospital para obter novidades do frente, e para escribirlle ao xornal ABC do que estaba a pasar nese momento. Hai nunha carta na que di: “Según confesión de los prisioneros enemigos, nuestras tropas hicieron muchas “bajas”.

En canto á mención dos medios de comunicación, ela sempre fai mención aos mesmos nas súas letras: “…y en tanto, agencias informadoras, telegramas, partes militares, periódicos en general, mienten a sabiendas, creando cierto estado de opinión en todo el mundo”. “…a diario dan los periódicos nombres de hombres polacos muertos en el campo de batalla”. “…la prensa española, sometida a las influencias de unos y de otros luchadores, es la que conserva más ecuanimidad, pero no me explico cómo hay tantos germánicos en España”.

Analizando o ton das súas verbas, apréciase o descontento que ela tiña cos medios de comunicación, e a necesidade que se tiña dunha iformación de calidade neses tempos tan difíciles á vez que sentía angusta polas atrocidades que pasaban ante os seus ollos.

Con todos estes acontecementos, nos cales ela sempre está presente, Sofía vólvese a unha postura máis moderada. O ton co cal escribe as cartas é totalmente antiguerra, polo que podemos dicir que nesta época, sobre 1915 e en adiante, vólvese en contra da guerra despois de ver persoas con membros amputados, mortos que sequedan nas padiolas do hospital… tanto dun bando coma o doutro, ela dase de conta de que a guerra non é boa e que o único que trae é desgracia para todos os que a fan, incluída ela.

Nalgunhas cartas desta publicación, tamén se atopan declaracións da súa familia, as cales ela introduce de maneira morriñenta, e de vez en cando enuncia refráns que dicían os seus. O máis característico é que ela escribe esas declaracións en galego, obviamente no galego que ela escoitaba, que non era de todo normativo. Pero con esto quero dicir que Sofía Casanova criouse nun fogar galegofalante.

 

Carlos Asensio Castro

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s