Esopo, Misouri e a sociedade angloxasóna

Título: El hombre que corrompió una ciudad

Autor: Mark Twain

Editorial: Espasa Calpe

Lugar e data (edición): Madrid, 1967.

 

Percorrer os mundos da literatura permite observar as posibles referencias das que poideron beber os grandes maestros da pluma e do papel ó longo da historia. O libro ”El hombre que corrompió a una ciudad’‘ alberga seis pequenos relatos de distinta extensión cunha clara finalidade didáctica en cada un deles. Se a comparación co arcaico escritor grego non é totalmente posíbel débese ó destinatario final dos textos. Namentres que Esopo dirixía as súas fábulas cara un público infantil, as historias de Mark Twain teñen coma destinatario final un lector de idade máis adulta.

O escritor de Misouri emprega o seu sútil humor e a refinada ironía que o caracterizan na procura de desenmascarar as múltiples carencias que ten o ser humano ó chegar á madurez. Trátase dun conxunto de relatos dos cales resulta sinxelo extraer unha moralexa.

O primeiro deles, o que lle dá nome a colección, revela as facilidades coas que a conducta intachable dunha persoa ou pobo poden quedar en entredito. É unha crítica a todas aquelas persoas que presumen dunha pulcra honestidade, destacando que este feito adoita producirse debido á imposibilidade que durante a vida teñen moitas persoas para poñela en xogo. No momento no que a avaricia e maila envidia deciden presentarse na vida de calquera persoa ata o máis nobre humano é  unha feble vítima ante a fortaleza dos pecados capitais.

 

“Váyase y refórmese, o, recuerde mis palabras, un día, por sus pecados, morirá e irá al infierno o a Hadleyburg… PROCURE ACABAR EN EL INFIERNO”.

Os dous seguintes capítulos, recollen dun xeito breve o vulnerable que pode chegar a ser un home diante de certas situacións. En ”La señora McWilliams y el relámpago” expón a desvelada noite que ten que pasar un home debido á hipocondríaca teima da súa dona ás tormentas. Trátase dunha historia disparatada que roza o surrealismo na cal Samuel Langore fai gala do seu humor máis intelixente.

O relato ” Discursos sobre los lactántes” garda certa similitude co anterior. Presenta un monólogo realizado por un militar durante o brindis da cea do exército de Tennesse. O escritor dá a entender que toda a valentía demostrada por parte dos soldados nos conflictos bélicos, pode quedar reducida a nada cando un bebé chora de noite e non saben como actuar.

En ”Petición a reina de Inglaterra” , Mark Twain arremete contra os continuos excesos arancelarios que impón o Imperio Británico e faino mediante unha carta persoal dirixida á raiña. Mediante un maxistral xogo de palabras logra cambiarlle o sentido as peticións impositivas da súa maxestade e remata por explicarlle con certo grao de familiaridade que o deudor real é o Imperio Británico.

No derradeiro capítulo Twain fai un ensaio no cal demostra ó ruín que poden chegar a ser a sociedade expoñendo un historia do tipo ”home pobre-home rico”. Conta a historia dunha parella de irmáns ingleses que acostumados a unha vida de luxos deciden facer unha aposta e observar que faría un pobre vagabundo londinense se tivera un billete de un millón de libras. Demostra ó cambio de trato que recibe o mendigo dende o momento que pasa a ser considerado coma un millonario.

É un alegato á hipocresía humana demostrando como muda o trato entre persoas da noite para a mañá polo simple interés económico que ten a sociedade. Por outro lado tamén fai unha reseña á mediocridade que alcanzan as  persoas con alto poder adquisitivo. Estas non atopan mellor pasatempo que escoller unha persoa como coello de indias e outorgar algo de dinamismo e diversión as súas vidas.

Persoalmente considero un libro moi recomendable. Permite unha lectura entretida debido ás pinceladas de humor do autor norteamericano, ademais de posúe un alto valor didáctico que permite adentrarnos no noso interior e observar a cantidade de defectos que posúe o ser humano.

 

                                                                                                                                Angel Castro Silva

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s