García Márquez e os seus dous grandes amores

Autor: García Márquez, Gabriel
Título: Noticia de un secuestro
Lugar de edición: Barcelona
Ano de edición: 1996
Editorial: Mondadori

“Todo isto foi como para escribir un libro”. Así remata, coas verbas da súa protagonista, unha das obras transcendentais do Premio Nobel de Literatura de 1982, Gabriel García Márquez.

Noticia dun secuestro viu a luz no ano 1996, plasmando en papel o rapto da xornalista Maruja Pachón de Villamizar e outras figuras importantes da sociedade colombiana por parte do narcoterrorismo. En concreto, do xefe do Cártel de Medallín, Pablo Escobar.

Maruja Pachón de Villamizar

Non se trata dunha obra cuxos personaxes son froito da ocorrencia súpeta nin da invención imaxinaria. Todos e cada un dos personaxes que forman parte das distintas tramas, por ínfima que sexa a súa intervención ou a súa relación cos feitos, teñen un nome, unha identidade na vida real.

Pero isto, non lle impediu a García Márquez crear toda unha obra literaria. Estamos entón ante unha obra literaria de non ficción. A obxectividade e a neutralidade que deben rexir toda peza xornalística non foron obstáculo para presentalos feitos baixo a apariencia de novela. A petición que lle fixera Maruja Pachón deulle pé ao autor a crear unha obra na que se permitiu o luxo de entrexogar cos seus dous grandes amores: o xornalismo e a literatura. Así, está dominada por unha técnica narrativa na que os límites entre xornalismo e literatura se dilúen, creando unha fusión perfecta.

Pero se algo chama a atención a medida que se desenvolve a lectura é o arduo traballo de documentación que hai detrás. García Márquez examinou e revisou toda a información e o material escrito, falou cos seus protagonistas. Podería dicirse que reviviu cada un dos secuestros, penetrando na psicoloxía de cada un dos seus protagonistas e describindo detalles de tal nimiedade dos que ninguén se acordaría.

Como futuros xornalistas, esta obra contribúe con dúas aportacións fundamentais. Por unha banda, demostra que xornalismo e literatura non son inimigos irreconciliables. Pola outra,  ao ver como son secuestrados os xornalistas polos narcos para negociar co goberno, un sente o peso do que significa comunicar.

Miriam Varela Fernández

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s