Grande, M.A.M

Autor: Murado, Miguel- Anxo

Título: Días impares e outros días

Lugar de edición: Santiago, 1992

Editorial: Compostela

 

“Prosa menor”, así define o propio Murado os artigos recollidos nesta obra, publicados anteriormente no xornal “El Correo Gallego” ou na revista “El Europeo”.

Interpreto que o cualificativo “menor” se refire á brevidade tanto dos relatos coma dos seus títulos e non á súa calidade, pois deles agroma un enxeño máis que abraiante. Para mostra un botón:

Vostede pode entrar só a ver os últimos modelos en coroas de flores, (evidentemente, estase referindo a unha funeraria) e non ben se descoida un momento, pode saír de alí empuxando un carriño da compra cunha caixa de piñeiro vernizada. E unha vez mercado, ¿quen lle asegura que a impaciencia non o vai traizoar? (…) Os tempos non están como para morrer así polas boas. Hai que pensalo moito (…), se eses son os prezos case paga a pena seguir vivindo. E iso que vivir tampouco é gratis.

Unha temática cotiá (aínda que a simple vista non o pareza) adobada cunha linguaxe chá á par que incisiva e con sutís ironías, esta podería ser a receita máxica para crear este volume, no que conviven artigos do máis dispares: o problema de desemprego que sofren os cans das urbes, a procura dun espertador máis tolerante co último intre de sono, a explicación sobre como a aristocracia sobrevive na infancia, as crueis condutas vexetarianas, os catarros máis célebres da historia, unha síntese da presenza de substancias velenosas na historia da humanidade…

Apostaría algo a que os asiduos a “El Correo gallego” agardaban con ansia os “días impares” do mes para ler na última folla do diario estas ocorrentes narracións.

Pérez Capelo, María

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s