MANUEL LEGUINECHE, XORNALISTA ESPAÑOL

Autor: Manuel Leguineche
Título: Los ángeles perdidos
Editorial: Espasa
Ano edición: 1996

“Manuel Leguineche: xornalista español.” Perfecto, pero que máis?

Quizais esta sexa a mellor forma de reproducir o que pensei alá polo mes de setembro, no momento en que souben que Leguineche sería o  autor co que me debería familiarizar ó longo deste cuadrimestre. Unha personaxe cunha longa lista de premios, case tanto coma a súa bibliografía pero que aínda así non era capaz de encher cinco liñas na enciclopedia que todo di -ou parece- sabelo: Wikipedia. Xa daquela algo non encaixaba.

Con todo, non foi ata unhas semanas despois que decidimos poñernos a investigar en serio sobre este “xornalista español”. Entón averiguamos que si, xornalista era, pero había máis. Ou polo menos iso é o que nos pareceu despois de atopar máis de 101.000 resultados en Google e revisar exhaustivamente as páxinas que mellor se adaptaban á nosa busca. Entrevistas, biografías, podcast, vídeos… A World Wide Web nos demostrou por fin o que tiña de Wide. Así chegamos a ler entrevistas e entrevistas e a coñecelo mellor a través de respostas que se percibían pausadas e pensadas. Unha nos conducía directamente a outra, cada biografía nos axudaba máis a achegarnos a Leguineche. Trinta e seis anos en cada perna dan para moito, se non que llo digan a Manu: Vietnam, Líbano, Bangla Desh, Afganistán  ou a revolución de Argelia, entre outros, foron só algúns dos focos que Leguineche escoulleu para contar, para non calar. E desa esencia precisamente bebe o libro co que tiven ocasión de topar: Los ángeles perdidos, un conxunto de historias independentes que contan diferentes episodios sobre escravitude e maltrato infantil. Un libro dende o que puiden apreciar a delicadeza e tenrura deste autor ó escribir cada capítulo. Un escritor, reporteiro, correspondente, cronista, informador, comentarista… En definitiva, un xornalista que sempre tivo claro en que consistía a súa profesión e que, por riba, foi capaz de gozar facéndonolo ver. Un xornalista dos que xa non quedan.

Hoxe, despois de ler Los Ángeles Perdidos e de intentar debuxar unha película da súa vida, sigo sen ter certeza de se fomos capaces de coñecelo completamente. O que si podo asegurar é que nin “xornalista” nin “español” son as etiquetas que mellor o definen.

http://www.youtube.com/watch?v=-dcfmZ9BWms

Emma Fernández

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s