“Mentiras oficiales” de D. H. Campos

Título: Mentiras oficiales. 10 conspiraciones que  han cambiado la historia
Autor: David Haylen Campos
Data de edición: maio 2004
Lugar de edición: Madrid
Editorial: Nowtilus Frontera

 

Esta sen dúbida foi unha lectura que me inquietou e me fixo pensar moito en como xogan con nós os gobernos, e non só eles senón tamén aquelas persoas invisibles para a xente de a pé e que realmente son os que controlan ós gobernantes.

Neste libro, David Heylen Campos analiza de forma pormenorizada algúns dos sucesos máis importantes e  impactantes da historia contemporánea. O 11-S, o asasinato de JFK (o que lle adica dous capítulos), o ouro nazi, o “accidente” do Hindenburg, o atentado de Oklahoma, a cuestionable fluoración da auga, o asasinato de Martin Luther King, o 11-M e a posibilidade infinitamente negada de que exista vida en Marte son os temas que se analizan nesta obra.

David Heylen Campos invita ó lector, dirixíndose a el directamente,  a sacar as súas propias conclusión despois da lectura. Evidencia moitas probas que cuestionan a credibilidade das administracións públicas á hora de contarnos cal é a realidade destes sucesos. A ocultación e a manipulación de probas son na maioría dos casos a base da conspiración.

A lectura desta obra sen dúbida evidencia o que moitos sospeitamos dende sempre, e é que nos acontecementos realmente importantes as altas esferas non nos contan a verdade. En moitas ocasión poñen a súa propia imaxe e os seus propios intereses por encima incluso da vida dalgunhas persoas, como é o caso, por exemplo, da fluorización da auga, o tema que persoalmente máis me sorprendeu de todo o libro.

É no capítulo 7 onde fala destes tema, de como dende principios do século pasado os gobernos dos países máis importantes do mundo (e consecuentemente os de todo o mundo) introducen na auga partículas de flúor, dicindo que este é moi bo para evitar caries e enfermidades dentais. Pero isto non é así; realmente o flúor é un residuo nocivo procedente da fabricación de aluminio, e o feito de que se engadise na auga está vencellado ó peso que teñen algunhas fábricas de metais no mundo, xa que vían nesta actividade unha maneira rendible de desfacerse destes residuos. Neste libro, Heylen Campos remítenos ás palabras do Dr. John Yiamouyiannis para facernos saber que o flúor é máis tóxico que o chumbo e case tan tóxico coma o arsénico. Este elemento presente en tódolos dentífricos e enxuagues bucais resulta ser altamente corrosivo e incluso pode chegar a ser canceríxeno. É un compoñente presente en practicamente tódolos mata-ratas existentes.

Ademais de ser un elemento corrosivo e que debilita os osos, o flúor é unha sustancia que afecta ó cerebro, concretamente ó hipocampo, e que os nazis utilizaban como elemento de control mental nos campos de concentración. Estes descubriron que con este elemento químico podían “amansar as feras” que podían chegar a ser os recluídos. Este tamén pode ser un motivo polo que os gobernos estean interesados en engadilo na auga.

Hoxe en día, como antes se mencionou, non hai produto de hixiene bucal que non conteña flúor, e en cantidades extremadamente elevadas (o nivel máximo non tóxico sería de entre 0,5 e 1 ppm, e un enguaxe bucal pode ter ó redor de 113 ppm). Por outra banda, máis de 60 tranquilizantes que se venden actualmente conteñen flúor na súa composición (coma por exemplo o Diazepam, máis coñecido como Valium) sen dúbida polo efecto que produce no cerebro.

Actualente é imposible non inxerir flúor no noso día a día, ben sexa mediante a auga ou coa simple acción de lavar os dentes. Non podemos facer nada para evitalo. Resulta escalofriante ver como xogan con nós dende as altas esferas coma se fosemos ratas de laboratorio. É sorprendente e extremadamente horrible comprobar como os intereses políticos e economicos están por riba da saúda da xente.

Quizáis na análise deste libro debería centrarme menos nun capítulo concreto e debería falar un pouco máis de cada un dos outros temas tratados nel, pero este considero que merecía unha mención especial, xa que os outros temas son bastante máis coñecidos e, polo tanto, é máis fácil que os interesados atopen información sobre as conspiracións que os envolven. Porén, este é un tema que non moita xente coñece e que non só afecta a unha parte concreta dunha poboación illada, senón que actualmente está a afectar a case toda a poboación mundial.

De tódolos xeitos, este é, sen dúbida ningunha, un asombroso libro de investigación que merece ser lido por todo aquel que queira adicarse a esta rama da profesión xornalística e tamén por todo aquel que queira facerse unha idea de cal é a verdade sobre algúns dos acontecementos máis famosos e, porén, menos clarificados da historia contemporánea.

 Alba Domínguez Piñeiro
Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s