O que a verdade esconde

TÍTULO: Los hombres que no amaban a las mujeres

AUTOR: Stieg Larsson

EDITORIAL: Destino

ANO: 1995

 

Los hombres que no amaban a las mujeres, publicada por primeira vez en Suecia no ano 2005, é a primeira novela das tres que conforman o entramado Millennium.

No recorrido polas liñas desta obra podemos encontrar varias historias paralelas que forman a compacta estructura da novela. Larsson vai compoñendo as pezas do puzzle conforme os propios protagonistas as van coñecendo e plasma esto de tal maneira que fai que se cambie continuamente de posible sospeitoso a medida que as distinas personaxes van entrando en escea.

A trama por escelencia será a investigación acerca da desaparición la xoven Harriet Vanger nun illa, propiedade de la súa familia e que, 36 anos despois segue sen resposta. Ó redor desta investigación iranse texendo as historias dos dous protagonistas principais.

O autor da obra xoga cunhas características definitorias dun mundo aduldo, avellentado e devorador da sociedade. Preséntanse ós protagonistas como persoas de notable talento pero debilitados por unha sociedade que xoga na súa contra, son dous antiheroes que intentan atopar un sitio na cidade macabra.

Larsson divide a súa novela en dúas partes ben diferenciadas. Na primeira parte preséntanos o entramado empresarial e social de forma minuciosa e detallada, elegantemente redactada. Pola contra, na segunda parte do relato vívese unha tensión constructiva e un suspese onde se pretenden fiar tódalas pezas do puzzle.

Dentro da enigmática familia Vanger, hai moitos membros escuros, cada un cos seus segredos e as súas miserias. Larsson recorre á axuda de personaxes secundarios que son apenas esbozados en dúas pincelados, o necesario como para sustentar os seus papeis. Entran e saen, interpretan as súas liñas e abandoan a historia. Algo semellante ocorre cos lugares por onde se moven todos eles,  simples esbozos, apenas decorados, esquemáticos e pouco descritos, son tan só sitios onde situar a acción, pero non chegan a influir na mesma.

O escritor tómase o seu tempo e o seu espazo para construir unha chea de relación propias da Suecia do século XXI descendente dun continente rancio marcado polos fascimos, as guerras e a feroricidade do capitalismo, pesquicias políticas, socioculturais e económicas que definen a estructura dexenerada do vello continente.

A investigación sobre a rapaza desaparecida é aproveitada polo autor dende unha vertente analística coa que pon en tela de xuízo diversos dilemas morais.

Neste tipo de xénero, a cronoloxía e o ritmo son fundamentais para facer creíble a historia. Larsson, nun alarde de profesionalidad, non deixa  un cabo solto nin desvela antes de tempo o que debe esperar, realizando unha profunda análise do complexo mundo das relacións humanas, coas súas miserias e as súas virtudes, e desenmascarando o mundo da empresa dende un meticuloso punto de vista xornalístico.

Matilde Vázquez Peón

Advertisements

Deixar un comentario

5 Febreiro 2012 · 22:23

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s